O Concello colabora coa asociación Infinity na primeira edición do Máster galego de futbolín Cidade de Narón, que se disputará os días 11 e 12 de xaneiro no pavillón do colexio de Piñeiros. O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou a convocatoria acompañado por Jesús Redondo, presidente de Infinity. Dende a organización recalcaron que se repartirán 8.000 euros en premios e que a proba será clasificatoria para o mundial que se celebrará o vindeiro ano en Zaragoza.
A proba disputarase nas categorías élite, primeira, segunda e feminino, en dúas modalidades, o sábado 11 a de movemento, a partir das 10:00 horas,
e o domingo 12 parado, dende as 10:00 horas (o feminino a partir das 13:00).
As partidas de futbolín serán de balde e disputaranse simultáneamente en vinte futbolíns, que poderían ser máis no caso de que así o requerise a cantidade de persoas inscritas.