O sábado 16 de novembro de 2024 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre, a
Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene celebrará a súa XXXVI Xuntanza de Gaiteiros, actividade que se organiza todos os anos desde 1988.
Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, realizan unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a música tradicional galega.
Nesta XXXVI Xuntanza homenaxearase a Luar na Lubre. O grupo, constituído na Coruña no ano 1985, editou vinte discos, con vendas que superan as 350.000 unidades, e actuou en máis de corenta países de Europa, América e Asia.