O pasado venres 11 de outubro, a Xunta de Galicia deu a coñecer os premiados na edición 2024 dos Premios dá Cultura Galega, destacando a traxectoria da Xornalista ferrolános Xulia Díaz, na categoría de lingua.
Os Premios da Cultura Galega destacan a excelencia creativa e o labor de difusión cultural desenvolvida en favor das letras, as artes plásticas e escénicas, a música, o audiovisual, a lingua, o patrimonio e a proxección cultural no exterior. Con estes premios, a administración autonómica distingue a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural de Galicia, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a identidade cultural da comunidade.
Os galardoados nos Premios dá Cultura Galega son: Manuel Lourenzo (Letras), Joaquín Martínez Silva (Música), Marta Pazos Antas (Artes Escénicas), Ficción Producións (Audiovisual), Xosé María Pérez Varro (Artes Visuais), Real Club Celta de Vigo (Proxección Exterior), Julia Díaz Sixto (Lingua) e Xosé Manuel González (Patrimonio Cultural).