Hoxe abriu o prazo para inscribirse na 38 edición da carreira popular Volta á ría Memorial Adolfo Ros, a través da web: www.carreirasgalegas.com. A carreira celebrarase o vindeiro 1 de decembro, con saída e meta na estrada de Castela, nas inmediacións do Concello.
O percorrido a realizar é de 21 quilómetros na carreira absoluta, saíndo
ás 10.00 horas dende Narón cara a Neda, Fene e Ferrol para regresar de novo
a Narón. Haberá tamén categorías de menores (que percorrerán tramos de
entre 50 e 5.000 metros) a modalidades de cadeira de rodas, handbikes e para persoas con discapacidade visual, tal e como apuntou Ferreiro. As persoas interesadas en asistir a esta proba -atletas federados ou non- incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo, poderán facelo ata o 27 de
novembro ás 23.59 horas.