O colexio de Pazos denominase agora Mestre Garcia Niebla, tal e como recoñeceu o concello de Ferrol en memoria de quen "foi un home moi relevante pola súa innovadora labor pedagóxica, pero a barbarie rematou co seu compromiso» recorda Gillermo Llorca autor do libro " Juan García Niebla: entre a innovación pedagóxica e o compromiso cidadán. Nacido na Graña en 1875, escribía nos xornais da época que os seus rapaces regresaban deses paseos «con ferrados de saúde». Fundou a escola pública de Caranza en 1902, da que sería director ata 1914. E despois exercería como mestre na Escola de Nenos de Serantes, en Ferrol Vello e Canido ata o seu fusilamento. Seguidor da Institución Libre de Enseñanza, «tamén foi pioneiro ao organizar a primeira Festa da Árbore na que participaron mil nenos e nenas o 9 de marzo de 1913». Aínda na comarca quedan 2.000 árbores nacidas grazas a esta iniciativa, sobre todo plátanos na zona de Serantes.
Recalca Guillermo Llorca que «García Niebla fixo unha aposta moi grande polo ensino público, as súas ideas republicanas fixeron que durante a barbarie fose detido na súa casa, levado ao Arsenal e fusilado en San Felipe». Afirma Llorca que «cando foi detido pediulle á familia que non se preocupase, que el só traballaba facendo cidadáns».
Despois do fusilamento, a represión continuou ata a eliminación do seu nome: quitouse a placa de García Niebla en Serantes. Xa na democracia recuperaríase a súa memoria ata bautizar unha avenida en San Xoán ou agora renomear o colexio como CEIP de Pazos-Mestre García Niebla. Ata o paredón chegou acompañado por outros dez compañeiros e sen xuízo previo. Xunto a él estaba Xaime Quintanilla Martínez, o que foi primeiro alcalde de Ferrol na II República (1931-1934).