Esta nova iniciativa chegará a localidade aresá o próximo sábado, 22 de xuño,
nos arredores da Alianza Aresana e contará coa presenza de escritores como
Arantza Portabales, Antía Yáñez, Toni Seijas ou Andrea Maceiras, amais
dunha ampla mostra de creadores da contorna. A programación, que inclúe
conversas, sinaturas, actuacións musicais de Xábrega, recital de poesía e
mesmo un obradoiro de marcapáxinas.