Ferrol enxalza a Luísa Villalta, a autora homenaxeada no Día das Letras. O Concello levará as actividades aos centros escolares públicos, a través da biblioteca municipal, desde o xoves, co título E se o día das Letras Galegas recibiras unha visita inesperada? «Unha acción cultural na que os escritores Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Villalta se enredan nunha misión da que só sairán airosos da man dos nenos de Ferrol», explica o edil de Cultura, José Antonio Ponte Far.
Concello de Ferrol, coa colaboración de Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural, vén de programar para este 17 de outubro, Día das Letras Galegas, un encontro no que se renderá homenaxe á memoria de Luía Villalta con música e, por suposto, con literatura. O encontro, que comezará ás 17.00 horas, terá por escenario o local social da Asociación de Veciños de Covas. E a primeira das actuacións previstas é a da Rondalla de Mulleres Santa Uxía de Mandiá. Tras a actuación da rondalla darase lectura á «semblanza da homenaxeada». E, inmediatamente despois —arredor das 18.00 horas— actuará o Real Coro Toxos e Froles.
Despois da actuación do decano dos coros tradicionais galegos será o turno, de novo, da literatura, con outra parte do acto dedicada, tamén ao legado creativo de Luisa Villalta. Ás 18.35 horas actuará a rondalla de Club de Campo. E por último, ás 19.00 horas. o Toxos e Froles pechará o acto.O día 19, ás 19:30 horas no Auditorio, terá lugar a gala musical das Letras Galegas, na que actuarán o Real Coro Toxos e Froles e Airiños de Fene. Ademais, vaise estrear unha obra de Juan Durán (Premio Reina Sofía, 2022), na que actuarán o barítono Gabriel Alonso e a soprano Clara Jelihovschi.
O 21 acudirá ao centro Torrente Ballester Yolanda Castaño (19.00); e o 23 haberá, alí mesmo, un recital musical e poético (19.00).