O presidente do club local avanzou que participarán na convocatoria uns
200 palistas procedentes de clubs de diferentes localidades galegas. Na
xornada disputaranse dúas regatas, unha con saída ás 15:00 horas, dende
o o pantalán de Xuvia, duns dez quilómetros, e a segunda con saída ás 16:30
horas , onde percorrerán un circuíto duns cinco
quilómetros nas categorías cadetes e superiores.
As modalidades que se disputarán son as de surf ski, tradicional (caiac)
e sup paddle e participarán preto dunha decena de palistas do Club de
Piragüismo Narón.