A concelleira de Turismo, Maica García, presentou hoxe o folleto informativo da Noite das Pepitas, festa declarada de Interese Turístico de Galicia que aspira a obter o mesmo recoñecemento a nivel nacional.
A edila destacou que este díptico contén un “nutrido resumo desta celebración e aporta información de interese, tanto para os propios ferroláns como para as persoas que visiten a cidade durante esta destacada festividade”.
Así mesmo, avanzou que xa se contratou unha empresa para tramitar a candidatura das Pepitas como Festa de Interese Turístico Nacional, que se encargará de dar cumprimento aos requisitos necesarios para conseguir esta distinción e que pasan por realizar unha memoria explicativa, editar un folleto ou crear una páxina web específica da festa en varios idiomas, entre outros. “Iremos dando os pasos necesarios conforme a un cronograma que temos
establecido, e o primeiro paso estamos a dalo hoxe coa presentación deste folleto”, afirmou a concelleira. Na presentación, Maica García, estivo acompañada polo coordinador das Rondallas de Ferrol, Pedro Blanco, quen agradeceu ao Concello e á concelleira o seu labor. “Promover a Festa das
Pepitas é un traballo conxunto” e pode representar “un foco de atracción de miles de persoas, o que repercute de xeito positivo na cidade, asegurou. Así mesmo, avanzou que a semana que vén presentarase o cartel en Fitur, agardando que nalgunha edición desta destacada feira se poida desprazar algunha das rondallas ao completo para divulgar a festa en toda a súa
esencia.