E EOI de Ferrol ofrecense 7 linguas diferentes: alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués. O alumnado pode acceder ao primeiro nivel cando non ten coñecementos previos, ou acceder a niveis superiores convalidando outros títulos de linguas como o título do bacharelato ou facendo unha proba de clasificación. Todos os cursos están centrados en practicar a lingua oral, tendo así un enfoque práctico e cun horario de 9.00 da mañá ás 22.00 da noite. O prezo destes cursos ordinarios por ano é de 127 euros, o que inclúe 4 horas de clase á semana de setembro a maio e dúas convocatorias de exame para certificar o nivel que estás a cursar incluídas no prezo.
Ademais destes cursos ordinarios, ofrecen tamén cursos de destrezas orais, para aquel alumnado que queira practicar alemán (A2 e C1), inglés (B1, B2, C1 e C2) e italiano (B1) sen estrés e sen presa, sen facer exames.
Para os estudantes que hai tempo que non estudan a lingua e queiran volver á escola mais pensan que lles fai falla poñerse ao día, teñen a opción de ter unha matrícula de actualización, asistindo a clases dun nivel inferior ao que xa obtiveran.
A preinscrición para o novo alumnado ou alumnado que non estivera matrículado na mesma lingua este curso escolar é do 26 de xuño ao 9 de xullo. O día 10 de xullo farase un sorteo para ver o alumnado admitido e dende o 11 ata o 21 de xullo poderán facer a matrícula definitiva.
En canto ao alumnado que estivo matriculado este ano, pode facer a matrícula en canto saiba que está aprobado e ata o día 7 de xullo.
Este ano a matrícula dos cursos CELGA adiantouse ao mes de xullo, xunto coa matrícula dos cursos ordinarios.