Ferrol é a cidade elixida para a estrea absoluta de Inventio, o novo espectáculo de gran formato con ilusionismo, danza, artes circenses e música inspirado no Camiño de Santiago. Esta creación vaise presentar ao público por primeira vez no Teatro Jofre o vindeiro 30 de setembro, ás 20.00 horas. Inventio permanecerá en Ferrol ata o 2 de outubro, onde brindará un total de cinco funcións antes de comezar a xira polo resto de Galicia e localidades seleccionadas de España e Portugal.
Ilusionismo, levitacións, equilibrios, malabares, números aéreos, animación audiovisual, composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos... Todo isto e moito máis é Inventio, un espectáculo para público familiar que reborda humor, misterio e fantasía, e no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Unha experiencia sensorial a un ritmo vertixinoso e con ecos do cinema futurista de Stanley Kubrick, Ridley Scott ou Denis Villeneuve, que non é máis ca "unha viaxe cara a todo iso que nos fai humanos: a nosa capacidade de sentir". Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena vangardista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e ce