O secretario xeral de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou que deixará a primeira liña política este mes, logo de 35 anos e tres meses de concelleiro. O anunciou ante as 700 persoas, entre militantes e simpatizantes de Terra Galega (TEGA), participaron na xornada de música, baile e xogos tradicionais vivida onte na área recreativa de Pedroso, en Narón. O xantar de confraternidade completou a Festa do Río, na que interviron o coordinador local da formación, Ibán Santalla; e a alcaldesa, Marián Ferreiro, que apelou á unidade «para seguir camiñando xuntos» no proxecto de TEGA.