A compañía Nova Galega de Danza traerá este
venres ás 20:30 horas á contorna da praia de Pantín o seu último espectáculo,
«Credo». Unha proposta cultural incluída no programa Xacobeo 2021-22 que virá
precedida da actuación de Álex Casal, unha xove promesa da danza. Este mozo
veciño de Meirás bailará 2 pezas coas que se vén de clasificar para participar nun
Concurso Internacional de Danza en Bélxica.
A compañía dirixida por Jaime Pablo Díaz volve ao municipio cunha peza moi
especial. Un proxecto que o Concello de Valdoviño, xunto co das Pontes, apoiou
na súa produción. «Credo» é unha viaxe interior que toma a poética de Celso
Emilio Ferreiro como referente artístico e conceptual, e que quere representar a
andaina vital do ser humano a través do movemento a exploración e o
cuestionamiento de si mesmo e da realidade.