Co concerto de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre arrinca o ciclo “Xullo, mes da Patria”. A cita será o venres, 1 de xullo, ás 21:00 h, no paseo marítimo de San Valentín, con entrada de balde. O concerto terá lugar na parroquia que hai 40 anos acolleu os comezos musicais de Xabier Díaz, na escola de gaitas do CPS San Valentín, dirixida polo mestre Manolo Doval. Xabier Díaz regresa coas Adufeiras de Salitre, Roberto Grandal, tamén veciño de Fene,
e Iván Costa para cantar e bailar co seu terceiro álbum As catedrais silenciadas.