Residentes e traballadores do Centro de Atención a Persoas con Diversidade Funcional de Ferrol ( CAMF) de Ferrol concentráronse este mediodia, co obxectivo de denunciar o «abandono» que sofre a residencia por parte do Imserso, o organismo estatal do que depende.
Nun escrito, o comité de empresa do persoal laboral da Administración Xeral do Estado ( AXE) critica que a situación « nestes últimos anos non deixou de empeorar» e que o cadro de persoal é insuficiente para garantir « unha calidade de vida digna» ás persoas ás que atende. Neste sentido, apunta que nestes momentos existen 23 postos vacantes dun total de 157, «que non estanse cubrindo con contratacións temporais», como tampouco se están cubrindo as vacacións e permisos aos que teñen dereito os traballadores.
Así mesmo, traballadores e residentes denuncian «numerosas deficiencias» nas instalacións, que se atopan en estado «deplorable» xa que o edificio, nos seus máis de trinta anos de historia, nunca se someteu a unha reforma en profundidade.