A programación deseñada para o día dos Maios comezará ás 11.00
horas na Praza de Galicia, donde se elaborará unha gran alfombra floral cun
deseño do artista naronés Leandro Lamas. Na decoración da mesma, unha vez
deseñada, poderán participar ao longo da mañá todas as persoas que o
desexen. Nesa mesma ubicación e tamén en horario de mañá levarase a cabo
un obradoiro de arte floral.
A festividade dos Maios continuará pola tarde, coa concentración no
Centro Cívico Social de Piñeiros ás 16.30 horas dos Maios que participarán na
comitiva que partirá dende alí ás 17.00 horas cara á Praza de Galicia, a donde
está prevista a súa chegada sobre as 18.00 horas. Este ano haberá Maios da
Asociación Sociocultural ASCM, da Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros,
das entidades veciñais Virxe de Fátima (Freixeiro), Rosa dos Ventos (Sedes), A
Naveira (Doso) e da Fundación Terra de Trasancos (O Val). Á súa chegada á
Praza de Galicia a comitiva será recibida con música, a cargo da Banda de
Gaitas de Narón, a agrupación O Recuncho dos Pequechos, os grupos da Escola de Baile Tradicional Infantil e de Adultos e Alxibeira, do Padroado da
Cultura.