Un libro imprescindible que xa está chegando a todas as librarías de Galicia. Galaxia publica a autobiografía musical de Xoán Rubia. O Artista Mugardés comezou os seus estudos de música na súa vila natal. En 1968, en Santiago de Compostela, entra en contacto co movemento da Nova Canción Galega, representado daquela polo colectivo
Voces Ceibes. Gravou os seus primeiros traballos discográficos en 1969 coa compañía Edigsa, en Barcelona, logo con Philips e, máis tarde, con Zafiro-Novola.