A vila de Cedeira está a acoller a rodaxe da serie Rapa, un
thriller de suspense en seis capítulos que se desenvolve principalmente en escenarios da localidade e tamén de Ferrol, con Javier Cámara e Mónica López como protagonistas. O alcalde, Pablo Moreda Gil, agradeceu á produtora a elección de Cedeira para a realización deste proxecto televisivo, “a través do cal de seguro moitas persoas van sentirse atraídas polas nosas espectaculares paisaxes”. Moreda puxo como exemplo a serie Hierro que o mesmo equipo lanzou en 2019 e as positivas consecuencias que esta está a ter no sector turístico daquela illa.