O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, anunciou onte a suspensión temporal do mercado que se celebra todos os xoves na Alameda á vista do rápido
crecemento de casos de Covid-19 no concello e tamén naqueles cos que se rexistran máis interaccións,
como Cariño ou Mañón. Con case medio cento de positivos confirmados na localidade a día de hoxe,
Muras destaca que das tres ocasións nas que Ortigueira estivo nunha situación de tensión desde o
principio da pandemia “esta é a máis preocupante e perigosa”. Por iso, co obxectivo de poder volver
canto antes á normalidade, “hai que poñer a seguridade por encima de todo, e aínda que sinto moito as
repercusións desta situación, tanto para os vendedores e o sector da hostalería como para toda a xente
que vén ao mercado, é preciso evitar ao máximo o risco de contaxios”