A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Facenda, Román Romero, mantiveron esta mañá unha xuntanza para continuar avanzando na elaboración do documento contable correspondente ao vindeiro ano. Ferreiro incidiu en que “serán uns orzamentos nos que, debido á actual situación da crise sanitaria na que nos atopamos e á incertidume dos vindeiros meses, estarán centrados na atención das necesidades derivadas da aplicación das correspondentes medidas preventivas
desta pandemia e de atención aos colectivos máis vulnerables”.