Os participantes da pasada edición do encontro audiovisual Chanfaina Lab de San Sadurniño mostrarán os seus traballos audiovisuais na maratón cinematográfica que prepararon este sábado, 15 de febreiro, na Casa dá Cultura de San Sadurniño. O acto comezará ás 18.00 horas conducido polo actor Miguel de Lira. Ao longo de tres horas proxectaranse 30 pezas de distintas duracións. A metade das curtametraxes foron producidos por xente da zona, moitos habituais doutras edicións como Fran Bermúdez, Bieito Beceiro, Pablo Martínez, o trío The Sungirls, o cuarteto de Teño unha horta, Iago Lourido, Catalina Rodríguez, Roberto Bouza, Abel Vega ou Ángela Arnosa, aos que este ano se lle unen André Couce, Eloy Arnosa, Ana Lamas e o equipo autodenominado Narahío Media. Completan a relación outros nomes afeccionados e profesionais do audiovisual galego: Anxo Santomil, Fran X. Rodríguez, Antón Rodríguez, Luís Avilés, Ana Martínez, Javier Seoane, Lucía C. Pan, Ana Moreiras, Sara Alonso, Noemí Caneiro, Noelia Uceira, Aldara Pagán, Manolo Abad e María Yáñez. Daquela os curtos irán subíndose de venres en venres á canle de You Tube de Fálame de San Sadurniño e moitas delas tamén acudirán a distintos certames audiovisuais.