A cantante galega Sés di cantando que non quere mais Concordias de papel, no seu novo disco "Co Xenio Destrozado" que hoxe sae a venta presentamos en Voces de Galicia. Ses, di tamén que non quere panexíricos despois da humillación, nin paliativos en lugar de curacións. A canción, coma hoxe confesou e todo un berro contra os malos tratos, dos que ela foi vítima. Esa e unha das moitas cousas que hoxe compartiu con nos a cantante que o vindeiro sábado actuara en Viveiro no Teatro Pastor Díaz e que ven de triunfar na súa presentación en Santiago