Sés presentará o seu segundo disco "Co xenio destrozado" o vindeiro día sete en Compostela. Un traballo fresco e vital como a súa autora, que pretende concentrar nunha presa de cancións a ritmo de blues, latino ou rock a potencia do seu directo. Este segundo disco foi gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por María Xosé Silvar, ou o que é o mesmo, SÉS.