Lúa Montes, que se estrea coma directora do CEIP de Randufe destacou que o curso comeza con alegría e ilusión. A matrícula baixou lixeiramente ata os 169 nenos, ao entrar só 4 alumnos de 3 anos e marchar dous grupos numerosos cara ao instituto. Tamén detallaba as obras que se realizaron, e solicitaron algunha cuestión máis para arranxar dada a antigüidade do centro.