Hoxe falamos cunha referencia da música galega de raíz, a camiño de levar á universisalidade a fusión entre música tradicional e a melodía acústica, sempre acompañado da pandeireta. Trátase de Xabier Diaz, que nos atende desde Bastavales, perto de Santiago. Un home humilde cunha carreira musical enorme, coroada de 7 traballos propios, até chegar ao "Axúdame a sentir" de 2024. Conversamos co Xabier xusto antes da súa xira latinoamericana, e dá gusto coñecer esa cara do divulgador, falarmos desas recollidas polas aldeas, ouvir sobre o papel da súa avoa... E tamén comentar aspectos sociais, presente-pasado e futuro dos seus proxectos... En definitiva, temos connosco un luxo de persoa e de artista... Co que tamén falamos da acollida fantástica que recibe en Portugal ou nas zonas asturiana e leonesas, onde tanta conexión existe coas súas músicas. E non nos podemos resistir a escoitar: "Rumboia Viva" e "Voa o aire". Viva!