#Destacadas:
1️⃣1️⃣2️⃣6´
Hoxe falamos con #JoseAntonioArgibay, responsable do #GALI #GrupoApoioLoxísticaIntervención, brazo operativo da #AXEGA #AxenciaGalegaEmerxencias do 112 Galicia. Falounos da súa experiencia nas labores de rescate, limpeza e axuda nas zonas afectadas pola #DINA en #Valencia. Tamén fixemos un pouco de pedagoxía e pedímoslle que nos explicara que é e a que se adica o seu departamento.
E para esta entrevista queremos agradecer dende Radio Estrada 107.7 a colaboración e axuda de @Luís Martínez Gavilán, entre outras, promotor de #GaliciaHubDefensa reitor de Sedexpo na Feira Internacional de Galicia ABANCA
30´
No espazo de deportes de hoxe, A Estrada Deporte, David Carballo convidou a Marcelo Fabian Machado Mango, adestrador de Club Budoyama que esta fin de semana vai con 3 deportistas estradenses, Africa Loureiro, Mateo Rivas e Teresa Monzón á #CopaMundial en #Suíza e con importantes posibilidades de pódium.
Tamén demos un repaso á axenda deportiva dos vindeiros días.
53´
Hoxe fixemos o primeiro #MércoresDeTemazos e voltaremos a vindeira semana. Iso si, a fin de ano faremos valoración para ter claro que é un temazo musical. Ti sabes definir un temazo?
Escoitamos a Fredy Mercury, Eric Clapton, Abba, System of a down...
93´
E o cocido de hoxe levouno Marga.
Quédanos un sorteo para este ano e logo retomamos en xaneiro.
Lembrade que mañán e o #DíaDoCocido en mesón O Quinteiro e o venres festa de aniversario!
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)