#Destacadas:
♂️ 10´
O Recinto Feiral A Estrada acollerá esta fin de semana a #IExpo De Boda con Nerea na que se ofrecerán tódalas posibilidades, (floristas, fotógrafos, música... ), con distintos proveedores, para a organización dunha boda. Contóunolo a xerente Mar Calvar Valeirón
52´
O #RecintoFeiralGuimarei do Concello A Estrada acellerá o domingo unha nova edición da #FeiraCabalar #SanMartiño con concursos morfolóxicos, paseo, ximcana, bautismo hípico... falamos con Manuel Ángel Pereiras Parada de Sociedade Cabalar
41´
Un veciño de #Gerundina, o fillo de Mari Carmen do Souto, leva indo á súa porta, 3 e 4 veces por semana, dende finais de setembro, a pedirlle un "pouquiño de sal". Todos cremos que #sal non é o que quere dela.
46´
Hoxe regalamos as últimas entradas, que nos deixou Juan Ruibal, para o encontro #LumeNaLareira deste domingo ás 18hrs. no Teatro Principal A Estrada
67´
A Banda de Música Cultural A Estrada celebra mañá sábado o seu concerto de #SantaIcía. Será ás 20:30hrs. no Teatro Principal A Estrada. Tivemos hoxe con nós ó seu director, Ricardo Oliver que nos dixo que, entre outras, soará o adagio do Concerto de Aranjuez.
77´
Seguimos acumulando números para o sorteo dun novo #CocidoX2 grazas a mesón O Quinteiro. Lembrade que aínda está aberta a resesrva para a cea-baile do 10 aniversario na noite do 22 de decembro.
92´
Pedro Pérez preguntoulle á nosa audiencia a quen prefiren, "Pablo Motos ou Broncano?", e a que non sabedes a quen elixe a maioría. De feito, a vós, quen vos gusta máis dos dous?
E pica no enlace si queres coñecer a "triste" historia de Fran en relación ó novo anuncio da #LoteríaNadal que foi gravado recentemente en Vigo e arredores.
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)