#Destacadas:
13´
UPTA España ofrece unha xornada formativa gratuita dirixida a inmigrantes extraeuropeos sobre #emprendemento e #autoemprego. Será o mércores 16 ás 16hrs. no #MOME.
Estela Díaz é técnico de inmigración de Upta e deunos tódolos detalles.
⚠️❗️32´
AVISO: O Concello A Estrada A Estrada Deporte cancela toda a actividade deportiva municipal para todo o día de hoxe incluíndo o peche de instalacións exteriores como interiores.
⚽️David Carballo, técnico de deportes, ademais de traernos a axenda deportiva da semana, convidou ó noso compañeiro do departamento comercial e publicidade de Radio Estrada 107.7, Rafa Vazquez, que é o actual presidente do A Estrada Futsal, co que falamos das categorías bases e sobre todo do #reinicio do equipo #senior que practicamente renovouse ó completo.
74´
COGAMI adaptou unha vivenda na Estrada para un veciño con problemas de mobilidade. Ángela Labandeira Mirazo, coordinadora do proxecto #Rumbo, díxonos que con este programa, rehabilitaron xa 13 vivendas e que traballan a favor da independencia das persoas con discapacidade e mobilidade reducida.
89´
O Concello A Estrada anuncia a mellora e recuperación da #PresaDeLeira e tamén unha xuntanza cos propietarios da #TorreDeGuimarei co fin de mellorar o estado da mesma e evitar o seu derrube. Escoitamos ó alcalde, Gonzalo Louzao Dono
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)