#Destacadas:
5´
A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE OUZANDE “MANUEL CASTIÑEIRA” está preparando un xantar popular a base de #costelar. Será o sábado 28 con sesión vermú, xantar e sobremesa musical e para a que quedan poucas prazas. Dende a asociación, José Luis Barreiro Mourille, Barri, díxonos que podemos mercar as entradas, ata este venres, na #TabernaDeOuzande, Bar Restaurante Andalucia e na #barbería #salóndepeiteado de Patxi.
Feira do Moble de Galicia Recinto Feiral A Estrada Concello A Estrada
18´ Moveis Loureiro, Fernando Loureiro.
30´ Nozzeo, Jose Antonio Ares.
41´
Convidamos a Raquel, Señora DJ, para falar da súa nova participación no #festival O son dos arrieiros que se celebrará este sábado no Teatro Principal A Estrada A Estrada Cultura. Será ela quen peche a edición deste ano e comentou que está preparando unha sesión na que teñen cabido tódolos artistas, agrupacións que pasaron por este festival. Dotbeat
68´
Agadea Alzheimer cumpre 30 anos e vaino celebrar o venres con unha gala moi especial no #TeatroPrincipal de #SantiagoDeCompostela. A coordinadora do #CentroDeDía Concello A Estrada Novo Mercado da Estrada, Sonia Castro, anunciou que xa non quedan prazas para asistir.
85´
Por fin a Banda de Música Municipal da Estrada ten novos espazos para a súa #escola. Dende o 1 de outubro estarán nas instalacións da #EscolaObradoiro de #Figueroa. Carlos Vinseiro Rodriguez, o presidente da agrupación, di que con esta cesión de espazo por parte do Concello A Estrada, poderán ampliar o número de matrículas que supera xa as 60.
92´
Mañán sorteo. Non perdas a última oportunidade para optar ós primeiros 50€ que regala Calpep bebé para gastar na súa tenda do #PolígonoDeToedo ou en https://calpepbebe.es/
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)