#Destacadas:
☢️26´Nos últimos días aprobáronse sete novos parques eólicos nos montes das comarcas e que afectan a montes de Concello de Forcarei, Concello de Cerdedo-Cotobade, Concello De Campo Lameiro, Concello A Estrada… Rocío, presidente de #AlarmaEnTerraDeMontes Tarabelas na Terra de Montes Terra de Montes en Perigo falounos da situación e da charla informativa deste domingo, ás 17hrs., no auditorio de Concello Cerdedo-Cotobade
42´Convidamos ó músico e mestre #SusoVaamonde para falar do concerto que van a celebrar mañá sábado ás 21hrs. na #PrazaDaFarola #OrquestraDeInstrumentosPopularesGalegos e no cal se darán cita 7 escolas que el mesmo dirixe.
62´Os amigos da A Fervenza de Ouzande #OUzande tamén teñen #Foliada #FinDeCurso #Festa… será a partir das nove no #CampoDaFesta. Contóunolo Rosa de Cabanas.
73´A escola de Tequexetéldere tamén pecha curso. O domingo ás 12hrs. no Teatro Principal A Estrada ofrecerán unha mostra para familias e achegados do aprendido este ano co fío conductor do #CamiñoDaGeira. Dende Tequexeteldere Af atendeunos Kike Vazquez.
98´Xa coñecemos o cartaz do #XXIIFestivalFolkDeRaízDeCallobre!
Será o 14 e 15 de xullo e participarán a Rosalia De Castro Cacheiras Regatos Callobre Os Melidaos Barbude Banda De Gaitas de Barbude Aila Leilía e A banda da Loba. Falamos uns minutos con Tato desta nova celebración que chegará en menos dun mes.
Fran Campos, Icía Diéguez, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... ecolaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)