#Destacadas.
51´NOVO CONCURSO!! Voltamos con O Quinteiro. O vindeiro luns comezaremos co sorteo de entradas para a súa primeira #feiradeabril que celebrarán o 19 de xuño coincidindo coa apertura da súa #terrazadeverán. Participade!
70´Hoxe coñecemos a Isa Otero, unha das persoas que recibiu o curso de #educaciónfinancieira ofrecido por Abundanthia e Lucía López Ferradáns. Contounos como afrontou os cambios de hábitos, como definiu obxectivos, preparou orzamentos, eliminou gastos formiga... e como mellorou en definitiva, na súa xestión económica.
92´A Banda de Música Municipal da Estrada fará mañá un concerto no #díadasletrasgalegas do Concello A Estrada. Díxonos o director Álvaro Varela que, "Concerto Identitario" inclúe repertorio de composicións feitas por músicos deste concello ou que teñen relación con el.
Mércores 17, 13hrs., Xardíns Municipais, A Byana Estrada
103´#Gerundina sigue presentando o seu programa electoral de cara ás municipais de maio. Coñece hoxe o 3º: "Cutlura da man dura"
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... ecolaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)