A NOITE É NECESARIA #230 (T6E17), emisión do domingo 27 de decembro de 2020 en "Con voz" de Radiovoz, programa conducido por María Meizoso (sábados e domingos de 10 a 14h; a sección astronómica soa os domingos arredor das 12:15). Falamos sobre dous calendarios para 2021: o de "Ceos galegos", https://ceosgalegos.com/, e o das "Mulleres científicas en astrofísica nuclear", http://agrupacionio.com/calendario-2021-mulleres-astrofisica-nuclear/, traducido ao galego por Ana Ulla (Universidade de Vigo) e Martin Pawley (Agrupación Ío).