AI, DIOMIO!

AI, DIOMIO!

By olaxonmarioFictionComedy Fiction
Download on the App Store

AI, DIOMIO! episodes

  • A Mezquitidade co Mark Dos Santos - AI, DIOMIO! 03x04

    Hoxe no Ai, Diomio! vamos ata a porta da Galiza, na fronteira con Portugal e Zamora. O Mark estivo falando sobre ser da Mezquita mais nado en Barcelona, de ser catalán ou galego, sobre a transmisión do galego na diáspora, o baile como vía para manter a conexión coa terra, do seu sinxelo KADŌ2 e de nova música, sobre a Festa dos Reis da Mezquita e sobre a loxística de vivir no rural.


    40 min
  • A Quiroguidade co Peitoescuro - AI, DIOMIO! 03x03

    Desta volta estiven con Rubén Gutiérrez, mellor conhecido como Peitoescuro sobre a súa música e sobre o seu primeiro albúm "Semente na fenda". Ademais, falamos sobre ser de Madrid e ir vivir a Quiroga, sobre relixión, sobre o ideal e a realidade de habitar o "rural", sobre traballar con Iago Pico, sobre formar unha familia, sobre aprender galego e sobre ser o presidente da comunidade de montes.



    59 min
  • A Viveiridade coa Konachadas - AI, DIOMIO! 03x02

    Desta volta no AI, DIOMIO! seguimos en Lugo diseccionando a Viveiridade coa Konachadas. Estivemos falando de conhecernos no BurgerKing, de ser marinhá e lucense, do CR Celeiro, do Grao en Publicidade e RRPP, de odiar Vigo, de ser a única da clase que fala galego, das cloacas do mundo das axencias de publicidade, de non ir de Erasmus e de buscar o teu nicho na creación de contido.#Konachadas #Viveiro #Lugo #AiDiomio #PodGalego


    54 min
  • A Gobernabilidade co Xoán Fórneas - AI, DIOMIO! 03x01

    Estreamos 3ª tempada do AI, DIOMIO! co Xoán Fórneas, ou O Xoán, se falamos del musicalmente. Estivemos falando de ser de San Martinho de Goberno e de Castro de Rei, do seu primeiro single #Ferido, do Castro de Viladonga, de interpretar a Castelao no filme #AntesDeNós, de ser Quique na serie de Netflix #Respira, de comer butelo, das dotes vocais de Pablo Alborán, de non ser un santo, de De Ninghures, de emigración ao infermo (Madrid) e de aprender a falar con gheada.


    1 hr 3 min
  • A Castelidade co Eris Mackenzie - AI, DIOMIO 02x09

    Hoxe estivemos co Eris Mackenzie, ex-carralés e castelense convencido. Estiven falando con el sobre nomes artísticos, buscar a túa identidade artística, xogar cos ollos do porco, darlle de comer polinhos á cadela, o cheiro de Cambre, falar espanhol co médico, da sinestesia, de Tourinhán e de medidas pequenas para ir afogando ao galego pouco a pouco. A non perder!

    #ErisMackenzie #MeuCeu #AiDiomio #PodCast

    1 hr 8 min
  • A Picheleiridade co Luís do Río - AI, DIOMIO! 02x08

    Hoxe estivemos co Luís do Río, explotador xeriátrico. Estiven falando

    con el sobre ser con conpistola, de Gorettistán, de sen analfabeto por
    falar galego, de transmisión oral, da personalidade moldeada polo clima,
    de querer ser diferente, de coherencia lingüística, de gañar cartos do
    YT, de utlitarismo capitalista, de egolatrismo exacerbado, de
    romantización, de aprender a remar e do fermoso que é Vigo.


    1 hr 1 min
  • A Canicidade con David Gesteira - AI, DIOMIO! 02x07

    Hoxe estivemos co creador do podcast "Descrifrando a Historia" David

    Gesteira para falar de todo o que ten a ver coa Caniza (máis comunmente
    denominada A Cañiza). Aquí falamos de xamón, de historia da Gallaecia,
    de patrimonio comido polas silvas, de toponímia deturpada, de ataques
    galegófobos en Tui, de invasións francesas trapalleiras, do camiño da
    raíña e de non poder ir a escola pola neve.
    #DavidGesteira #DescifrandoAHistoria #AiDiomio! #PodCast


    47 min
  • A Valguidade con Sara Seco - AI, DIOMIO! 02x06

    Hoxe estivemos coa tiktoker gaiegueira herslef Sara Mollada aka Sara Seco, falando de ser de Valga, da ilexítima independencia de Pontecesures, do redesenho do escudo do concello, do himno de Valga, de Valga (Estonia), de xuíces nostálxicos e de Lucianita.

    36 min
  • A Polidade co Sergio Marei - AI, DIOMIO! 02x05

    Hoxe estiven co Sergio Marei falando do fabuloso concello de POL. Este concello pertencente á comarca de Meira é o berce do único santo 100% galego, aparte de ser o número un de vacas por habitante moitos anos. Sergio estivo falando da súa colección Espantallo, de ser queer na ruralidade, da vecinha que da tiros ao aire pa que non lle rouben as berzas e da Cidade Deportiva de Pol. A non perder!

    45 min
  • A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04

    Hoxe estiven falando coa icona bierciana e sapatona Jelen Superstar sobre ser do Bierzo, sobre falar castrapo normativo, de serditos, de  queimar un coche, ser unhas porcas e miserábeis, da 'L word', sobre crear unha narrativa nacional coherente, de 'videos de cerdos  graciosos', da influencia da xeografía na arte, do conflico identitario bierciano, da marmelada de pementos, de ir a bailes regionales no colexio de monxas e de estar cagando y limpiarse el culo. Escoitar ti!

    #JelenSuperstar #Bierzo #AiDiomio

    40 min

About AI, DIOMIO!

From the publisher's feed

oink divas