AI, DIOMIO!

AI, DIOMIO!

By olaxonmarioFictionComedy Fiction
Download on the App Store

AI, DIOMIO! episodes

  • A ReBurelidade con Marisa Prisa - AI, DIOMIO 02x03

    Hoxe estiven falando con Javi Eijo (aka Marisa Prisa), a primeira concursante Galega na segunda tempada de Drag Race España, sobre ser de   Burela, de rivalidades localistas, do odio cara Foz, da Festa Hortera  do  Porto do Son, de ser unha halloween/Pride queen, de escoller nome  drag,  de moda 'unisex', de vestidos de noivo, do Drag Bingo burelán, da   sexualización de 'hetero-curiosos' do drag e de profesionalizar a  arte.  Escoitar ti!  


    #MarisaPrisa #Burela #DragRaceEs

    45 min
  • A Carreiridade co Carlos Lixó - AI, DIOMIO 02x02

    Hoxe estiven mais unha vez falando co Carlos, desta vez sobre Carreira.  Neste programa falamos do imperio caido, da perda de territorio  carreirán, de estar cucú, da gloria pasada, de crise identitaria, do  Portugal de Carreira, de Don Alejandro, de movementos de poboación, do  absurdo do Barbanza, da sabedoría da Igrexa Católica, de Arciprestados,  de Sálvora e de María José a do Coro. Escoitar ti!


    #CarlosLixó #AiDiomio #PodCast

    41 min
  • A Europeidade con Fora de Mapa - AI, DIOMIO 02x01

    Novo ano nova tempada! Desta vez estiven a falar con María e Juan, creadoras do podcast Fora de Mapa (https://linktr.ee/forademapa)  onde indagan sobre diferentes minorías étnicas e culturais da Europa.  Neste capítulo estivemos falando da súa orixe vital, do que é para elas  ser de Europa, de intercambios de poboación, de ser medio castellana, de  vivir na diglosia, de pasaportes covid, de quen ten a pataca máis  grande, de supremacismo turco e de estados sin nación.

    1 hr 3 min
  • A Cuenquidade co Christo Casas - AI, DIOMIO! 01x09

    Hoxe estiven falando cun senhor que é de (e mira a) Cuenca! Bon, concretamente do municipio de Henarejos. Estivemos a falar de 'La Hespanha vacía', do seu primeiro libro 'El Power ranger... Violeta? (Rosa)', de aprender a falar gaiego, de comer paella en Xinzo, de identidade de transición, de mirar os debuxos animados en valenciá, de Almortas, de ser o marica da aldea, do xudaísmo, de que mamá fale francés, de ser do Porrinho e catalanismo. Escoitar ti e así!

    1 hr 7 min
  • A Ourensanía coa Arancha Nogueira - AI, DIOMIO! 01x08

    Hoxe estivemos a falar coa Alancha Motora de cacolas, de #SelfCare, de historia do podcast galego, dos vapores termais, de praia a 50 minutos, de despoboación, do Senhor Culotis, de desarraigo, de diverxencia neuronal, de especulación, de Jácome, de circo político e do paraugas universal. Escoitade e así!

    59 min
  • A Pontevedridade co Guille Juncal - AI, DIOMIO! 01x07

    Hoxe estiven falando co Guillermo Juncal, concelleiro do Concello de Pontevedra polo PP sobre alimentación, ser un ppero de menos de 45 anos, de paddle surf, do plan urbanístico pontevedrés, sobre seguridade vial, do chauvinismo 'socialista', sobre corrupción, sobre aires de senhorío de vila, localismo exacerbado, sobre non ver un matraquillo diante na vida, sobre persoas non gratas, sobre ser demasiado 'rojo' e  sobre a necesidade primordial de ENCE. Esoitar ti!

    1 hr 8 min
  • A Cedeiridade con Cousas RarismASMR - AI, DIOMIO 01x06

    Estiven o outro día con Helena Antía (@Cousas RarismASMR) falando de  ASMR, de meter man en cu de vaca, de andar ás voltas, de ser artista, de  la Capilla, de desarraigo, da tusa, da tradición 'celta', das  caliveras, do requeixo da Capela, de vivir nun hotel, de conhecer  celebridades e de freixós.   #CousasRarismASMR #AiDiomio #PodCast

    1 hr
  • A Burelidade con Paula Jorge

    Estiven o outro día con Paula Jorge falando sobre ser de Burela e o que isto conleva. Ademais tamén falamos de Bullela, de sair no Luar, de TikToks deses, de opositar, da diversidade cultural burelesa, de fútbol sala, de nacer en Cervo, da masificación turística, sobre a orixe da inmigración caboverdiana, da tradición marinheira, de Batuko Tabanka, de falar caboverdiano, de integración e así! Escoitar ti cousa!

    1 hr
  • A Ribadensidade co Daniel Castro

    Hoxe estivome acompanhando o Miguel para tratar co Daniel Castro a  condición de ser de Enrriba do Eo (Ribadeo). Ademais estivemos a falar  ter problemas de desfase de audios, de Jessi de Noia, da problemática da  Ría do Eo, de endogamia, de ser deputado, de Ribagueto e Ribaguai, da  canción do verán da gaiega, de Indianes, de romarías, de Raffaella  Carrá, da supremacía de Castropol, de movida no parlamento, dos  Madracas, de aroz caldoso, de HollyFoz, de macrodiscotecas no rural e de  traer a Chayane ao Monte do Gozo. Escoitar e así!

    59 min
  • A Camarinhidade co Cousxs

    Hoxe estiven falando co Cousxs (aka Carlos Barcia), maxistral compositor da sintonía deste podcast, ademais de ser músico, fotógrafo e youtuber. Con el estiven discutindo que é ser de Camariñas, como se compón música fermosa, a rivalidade con Muxía, sobre corvos e carneiros, naufráxios intencionados, illamento xeográfico, pintar casas con leite condensado, a gaiegueirade, a gheada e o seseo, insonorizar a túa habitación e algunha cousa máis! Escoita ti!

    59 min

About AI, DIOMIO!

From the publisher's feed

oink divas