
Sign up to save your podcasts
Or


Falamos con mulleres, no día previo ao Día da Muller. Rocío Fraga, concelleira de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña, falounos dos problemas que teñen as mulleres que sufren algún tipo de agresión (non pensemos so nas físicas). Tamén comentamos o Previo Elvira Bao http://bit.ly/2lUiZLm e do Premio de Grafittis e Arte Urbana "Mulleres que transforman realidades" http://bit.ly/2lZr2as que están convocados, así como dos actos previstos mañá que por primeira vez é festivo local.
Comentamos tamén a intervención artística organizada por sete mulleres, As Bárbaras, baixo o título: Seres Humanas que se vai celebrar o venres na Praza das Bárbaras e no Convento de Clausura que está nese espazo. E lanzamos o guante para tentar entrevistar a nai superiora!! A entrada é libre e ten unha pintaza... Veunolo contar Ariana Fernández, unha das artistas.
E por último, chamamos a Victoria Teijeiro actriz e presidenta da Quinta del.Arte, que propoñen obradoiros para persoas en risco de inclusión a través do teatro e da danza. Aquí tedes máis información. http://bit.ly/2lZkrx3
Escoita e disfruta da radio comunitaria. Por certo, tamén recomendamos o programa A Fume de Carozo de hoxe que a rapazada de Calasancias fixeron un gran programa sobre coa Muller como protagonistas:
https://cuacfm.org/radioco/programmes/a-fume-de-carozo/8x17/
Hoxe tivemos conversas ben interesantes por teléfono. Marga González, responsable de comunicación de Amnistía Internacional na cidade, falou da situación dos Dereitos Humanos no planeta. Que da para moitos episodios de Alegría. E conversamos tamén con Ricardo Vales, voceiro da Comisión pola Defensa do Ben Común. Entre outras cousas, convocou á cidadanía coruñesa a asistir a Asemblea Aberta de mañá mércores 22 no Salón de Plenos de María Pita para falar dos terreos da Solana e tamén do futuro dos terreos portuarios.
Tiveos Econova con Bea Ulalume e na introducción do programa flipamos un pouco coas cousas que están a pasar aquí e alá.
Tamén tivemos unha breve lembranza a última muller asasinada en Galicia, en Redondela concretamente. É tremendo.
Pasa e escoita, se queres.
Onte, 13 de febreiro celebrábase o Día Mundial da Radio. Tomi Desastre aproveitou a tarde para estar no Centro Cívico de Monte Alto para gravar voces do barrio. Dende os 8 aos 100 anos e medio. E hoxe tivemos a sorte de escoitalas.
Quedou moito sen compartir por falta de tempo, pero tentaremos atoparlles un oco en vindeiras edicións de Alegría.
Tamén tivemos Econova. Vamos, programón para que descargues e escoites con calma.
Hoxe Tomi estaba empeñado en dicir mal os nomes, cambialos... Pero é un exercicio que deixamos para ti, descubrir os diversos erros. É o que ten ser un locutor "madurito" (longa historia). Entrevistamos a Carlos Losada, profesor do curso de iniciación ao Teatro que convoca a UDC do 15 de marzo ao 31 de maio. A continuación falamos de tantas cousas que so indicaremos tres para que te animes a pulsar play: Escoitamos un audio interesantísimo sobre o acontecido o 6 de febreiro na praia do Tarajal de Ceuta (seguro que lembras: migrantes afogando, pelotas de goma...). Tamén repasamos Econovas positivas e negativas e finalmente adicamos uns minutos a escoitar parte da intervención do alcalde da cidade no Pleno no que se debatiu a Moción de Confianza o pasado sábado día 4 de febreiro.
Recomendamos que pasedes e escoitedes. Alegría, que xa levamos 20 programas da 14ª Tempada.
Programa no que falamo co concelleiro de Cultura (entre outras cousas) do Concello da Coruña, Xosé Manuel Sande, sobre o programa Cultura de Barrio que lanzaron dende a Concellaría para dinamizar con actividades culturais os barrios. Aquí tedes o enlace:
https://www.coruna.es/cultura/es/agenda/historico/detalle-asset/cultura-de-barrio/suceso/1453612110172
Tamén fixemos unha chamada de seguimento a Nuria Bernárdez como portavoz das familias afectadas polas obras do Colexio Ramón de la Sagra, co perigo de que haxa fibras de amianto soltas que podan repercutir no futuro na saúde da rapazada.
E máis cousas, pero para iso terás que pulsar play.
Programa no que repasamos moitos asuntos de actualidade e medo. Medo é saber que hai unha muller de 75 anos que leva 3 agardando por unha proba do SERGAS para poder operarse.
E escoitar a Alicia Keys na Marcha das Mulleres en USA. E saber que a Xunta vai pagar 14 millóns por 7 drones (ou que a Voz de Galicia explicou fatal a operación). E que Arabia Saudí a está facendo unha matanza no Yemen pero resulta que España considera boa idea venderlle armas. Ou que siguen empantanados os orzamentos municipais da Coruña.
Escoitamos a Bea coa Econova, por teléfono nesta ocasión. E recomendamos o concerto de Paquito de Rivera co Quinteto Cimarrón no Teatro Rosalía de Castro (mércores 25 de xaneiro).
Pasa e escoita!
No Alegría desta semán falamos con calma sobre o problema grave que están a vivir as familias que teñen a fillas e fillos estudando no colexio Ramón de la Sagra. No colexio estanse levando a cabo obras de sustitución de amianto sen paralizar as clases, algo que ten un risco evidente como incluso corrobora un informe da valedora do pobo.
Tamén falamos cun responsable da Cruz Vermella na nosa cidade sobre o programa especial de atención a persoas que están durmindo nas ruas da Coruña.
Finalmente, ademáis das nosas habituais cancións, rematamos pedindo celeridade e traballo ás persoas do PSOE que teñen a responsabilidade de seguir a traballar para a cidade pese a que teñan problemas internos. Os orzamentos municipais de 2017 agardan.
Primeira emisión de Alegría de 2017. Comezamos cunhas risas, máis pronto fixemos referencia a agresión homófoba que sucedeu a primeira noite do ano nos xardíns de Méndez Núñez.
O programa analizou con calma a posibilidade de venda dos terreos da Solana. Centrámonos en concreto nas mocións aprobadas no Pleno Municipal do día 9 de xaneiro e o acontecido no Consello de Administración do mes de decembro. (Min 13,30)
Tivemos Econova ben interesante, para consumir ecolóxicamente e moito máis. Foron moitas as recomendacións. Aproveitaas!
Último Alegría de 2016! Comezamos falando do falecemento de George Michael, moi sorprendente para a maioría. E escoitamos a sua voz interpretando a canción Somebody to love no homenaxe que se lle fixo en Wembley a outro grande, Freddy Mercury.
A continuación falamos con Yosi Hatillo (nome de guerra no Facebook) sobre unha das múltiples actividades do Festival DiversiDarte que se celebrou en moitos locais da cidade. Chegou a Econova a continuación.
Falamos tamén con Alberto Fortes como portavoz de Proxecto Cárcere xa que, por fin, acadaron que se vaia a asinar un convenio polo que o Concello da Coruña vai poder xestionar o edificio do antigo cárcere que está no entorno da Torre de Hércules.
Programa con Bea Ulalume, Mr. Bugalú e Tomi Desastre no estudio. Comezamos saudando a Soraya Saenz de Santamaría por aparcar o coche oficial diante do Primark. E outras virguerías desta muller que amosan como no PP teñen claro que "España es nuestra".
Despois do último asasinato por parte dun home a sua parella. Tomi decidiu facer unha búsqueda para saber cal é o protocolo que se sigue cando unha muller denuncia. Para iso fixen unha investigación no departamento concreto da Xunta de Galicia que atende a violencia de xénero e as vítimas do mesmo.
Falamos do Río de Monelos e a experiencia de Bea Ulalume que fixo un roteiro coa directora e parte do equipo de Esquece Monelos.
Tivemos tamén a Econova de Bea Ulalume na que nos contou as campañas que se estaban a facer na cidade para recoller residuos de xeito o máis ecolóxico posible. https://www.coruna.es/medioambiente
Adicamos os últimos minutos do programa a un poupurri de novas ben interesantes.
From the publisher's feed
Programa emitido cada mércores de 19:00 a 20:00 horas.
Alegría comezou a emitirse en outubro de 2003 e dende entón non falla nas ondas de CUAC FM. Cada tempada tentamos aprender un pouco de todo e que ti o fagas con nós.
Falamos de política, temas de actualidade, realizamos entrevistas case en cada programa e adicamos uns minutos á Econova de Bea Ulalume.
Todo iso misturado con boa música e un pouco de humor se o tema o permite. Cada martes ás 18 horas en directo.
Máis Alegría en:
www.facebook.com/groups
http://www.ivoox.com/podcast-alegria-cuac-fm_sq_f124193_1.html