Alegria

Alegria

By CUAC FM
Download on the App Store

Alegria episodes

  • 14x13 Alegría en CUAC FM 13 decembro de 2016 T14X13

    Vaia frenesí de programa!!!

    Comezamoa lembrando a Gala dos Oscuacs 2016 (algún levamos, grazas compañeiras!) e o concertazo de El Kanka para pechar os actos do XX Aniversario de CUAC FM.

    Falamos a continuación con Ágeles Huerta sobre a película que dirixiu: "Esquece Monelos", sobre o Río Monelos que a cidade tragou. Estaba en pleno roteiro polo cauce do río, no que tamén estaba Bea Ulalume de enviada especial. A vindeira semana xa nos contará. http://esquecemonelos.com/

    A asociación Poten100mos organiza na nosa cidade o festival DiversidArte dende o vernes 16 ata o día 30 e nós falamos con Cristina de la Puente para que nos contase todo o que vai a acontecer eses días. A información completa está neste enlace: http://diversidarte.com

    Escoitamos as recomendacións de Bea Ulalume para consumir responsablemente este nadal nun montón de páxinas web e comercios da Coruña nos que elexir os teus regalos.

    E ainda deu tempo para flipar coas deleznables declaracións de Pedro Puy no Parlamento galego. E a de cousas que non deu tempo a comentar!!!

    1 hr
  • 14x12 Alegría en CUAC FM 29 novembro de 2016 T14X12

    Programón o de hoxe!! Comezamos lembrando a figura da persoa que faleceu a pasada semán á que máis admirabamos: Marcos Ana. Limos un fragmento do seu libro Vale la pena luchar. Escoitamos a música de Ele que actúa o xoves 1 en Ferrol.

    Falamos tamén cunha coruñesa que estivo de voluntaria en Grecia axudando aos refuxiados sirios. Este xoves ás 10:30 falará na Facultade de Ciencias da Educación da UDC ás 10:30 xunto a un refuxiado sirio que está a vivir na sua casa.

    Tamén tivemos Econova con Bea Ulalume. Mariano falou do Colab que se celebrou a pasada semán.

    Coñecimos, noutra entrevista telefónica, o proxecto Talentumyouth.orgdirixido a xóvenes de 16 a 25 anos con algún tipo de proxecto. 

    Alegría! Escoita e comparte, se queres.

    1 hr
  • 14x11 Alegría en CUAC FM 22 novembro de 2016 T14X11

    Programa do martes 22 de novembro moi completo. Falamos da permisividade ante manifestacións profranquistas o 20N. Tamén entrevistamos a Claudia Delso, concelleira de Participación e innovación social do concello da Coruña sobre un laboratorio de participación que vai ter lugar os días 24 e 25 no Ágora: http://colab.coruna.gal/ 

    Tivemos sorprendente Econova de Bea Ulalume (o parque de Doñana ainda está flipando) e falamos con Marta Cuba sobre unha inauguración que terá lugar o xoves no Forum Metropolitano, organizada pola asociación Sen ánimo de nome. Ela fará unha das duas performances que terá lugar esa tarde na que 6 artistas (galegas e italianas) exporán as suas obras.

    E comentamos que o día 25 de novembro reivindícase con diversas campañas a finalización da violencia machista no noso país. E escoitamos a El Kanka con esta canción que fala do respeto na parella. Xa supera as 740000 reproduccións en youtube, por certo.

    https://www.youtube.com/watch?v=l9k5TMSB7cQ

    Disfruta do programa!

    1 hr
  • 14x10 Alegría en CUAC FM 15 novembro de 2016 T14X10

    Hoxe morreu Fran Pérez, Narf, o músico galego que xunto a Uxía estaba facendo unha tarefa de unir nacións e culturas... e compoñía e tocaba a guitarra... unha perda moi importante. 

    Durante o programa estivemos a falar con dous dinamizadores da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, Iría e Fernando sobre programas que poden aproveitar os xóvenes ata os 30 anos como Galeuropa ou Iniciativa Xove.

    Tamén escoitamos a música de Leon Rusell e Leonarh Cohen, sen esquecer comentar algo sobre a victoria de Donald Trum nas eleccións nos USA e a porta xiratoria que atopuo Marta Fernández Currás nunha grande empresa de auditorías, algo que en teoría lle parece fatal a Alber Rivera. 

    Pasa e disfruta de Alegría!

     

    1 hr
  • 14x9 Alegría en CUAC FM 4 novembro de 2016 T14X09

    Hoxe tivemos a agardada entrevista con Silvia Cameán, Concelleira de Xustiza Social, Coidados, Sanidade e Educación do Concello da Coruña. Falamos con calma sobre a política en xeral, ainda que centramos boa parte da conversa na Renda Social Municipal. O tema daría para moitos máis minutos.

    Bea Ulalume falou sobre as maldades do chumbo na Econova. E non, nos comentamos que hoxe os EE.UU decidían entre Hillary e Donald. Cremos que alguén anda a falar do tema, pouca cousa.

    Tamén adicamos o inicio do programa a comentar a morte do xornalista José Luís Gordillo. Tiña 46 anos, publicou un lilbro titulado "Los hombres del saco" sobre os nenos e nenas roubados en España, tema sobre o que andaba ainda investigando. Acababa de comezar a colaborar co diario Público con este artigo. Non transcenderon datos sobre a causa da sua morte. 

    http://www.publico.es/politica/mujer-denuncia-robo-cinco-hermanos.html

    1 hr
  • 14x8 Alegria en CUAC FM 25 outubro 2016 T14X08

    Hoxe, por fin, estivemos as catro personiñas que facemos o programa co reforzo dunha estudante de xornalismo francesa, Amelie, á que tamén entrevistamos. Tivemos Econova con cifras de moito susto sobre a contaminación do planeta.

    Tamén realizamos unha ampla entrevista a Adrián García, sindicalista da CGT en EXTEL, que nos contou (en castelán porque imos compartir a entrevista con outras emisoras comunitarias) a situación que están a vivir con ERE do que tanto se está a falar na nosa cidade.

    Tamén escoitamos a El Kanka para anunciar o seu concerto do 11 de decembro e presentamos á Calipso Rose, unha muller de 76 anos de Trinidad e Tobago que recibiu o premio a mellor artista no Womex 16 celebrado en Compostela a pasada fin de semán. Unha artista totalmente recomendable, segundo Tomi Desastre.

    1 hr
  • 14x7 14X07 Alegría en CUAC FM 18 outubro de 2016 T14X07

    Hoxe tivemos duas entrevistas telefónicas sobre dous eventos moi interesantes que se celebran en Compostela e A Coruña ons vindeiros días. O Womex (World Music Expo) http://www.womex.com/ que podes disfrutar en Compostela en varios escearios con 300 artistas de 40 países tocando músicas do mundo. Diso falamos con Rocío Castro, da empresa galega Nordesía, responsables da organización desta edición. E máis tarde falamos con Quique Varela un dos organizadores de Ecogalia, o salón ecolóxico de Galicia [http://ecogalia.com/ ] que teremos na Coruña dende o venres ao domingo con actividades e stands para toda a familia e persoas que queiran consumir dun xeito responsable (incluso teremos a Mariano Fernández ofrecendo unha das charlas que coordinan os nosos amigos da Cooperativa de Consumo Zocamiñoca sobre consumo de Medios de Comunicación). 

    Ademáis comentamos cómo está a política nacional, o que se estaba a falar hoxe mesmo no pleno do Congreso; unha petición de 5 anos de cárcere para varios policías nacionais da Coruña por unha suposta agresión en 2012 a unha persoa que detiveron en Lonzas (un tema moi grave), a situación da pobreza en Galicia e tamén esa intención de artellar, por fin, a área metropolitana da Coruña que teñen todos os alcaldes da zona.

    1 hr
  • 14x6 Alegria en CUAC FM 11 outubro 2016 T14X06

    Hoxe felicitamos en antena a Xián Lois Alcayde Dans polo premio Balbino de Relatos que otorga a fundación Neira Vilas e que xa podes atopar nas librarías. Tamén amosamos a nosa Alegría por unha serie de cousas "marabillosas" que están a pasar no noso arredor (algunhas de verdade e outras tirando de retranca).

    Descubirmos en directo a dimisión do Xerente da Fundación Luís Seoane e comentamos a actualidade política. O programa tiña previsto contar coa presencia da concelleira de Servizos Sociais,Educación e Sanidade, Silvia Cameán máis por unha enfermidade non puido estar con nós.

    Programa realizado por Isa Lema, Tomi Desastre e Roberto Ansede nos mandos técnicos

    1 hr
  • 14x5 Alegria en CUAC FM 04 outubro 2016 T14X05

    Programa no que, ademáis de comezar repasando moitos motivos de Alegría (ainda que semelle imposible) falamos cun dos fundadores da asociación Sen Ánimo de Nome sobre a actividade que preparan o sábado 8 de outubro na Fundación Luís Seoane dende as 19 horas. 

    Repasamos as cifras catastróficas de participación nas eleccións galegas dende o extranxeiro, uns detalles económicos moi chamativos e, ademáis de escoitar boa música, percorrimos a programación da 21ª Tempada de CUAC FM que comezaba o pasado 1 de outubro. 

    Ah! E escoitamos a Rosa María Calaf animando á xente a escoitar e protexer a medios como CUAC FM

    https://www.youtube.com/watch?v=NJkJpvBRno0

     

    1 hr
  • 14x4 Alegría en CUAC FM 27 setembro 2016 T14X04

    No Alegría de hoxe falamos sobre as eleccións galegas do pasado domingo. Preguntámonos cal é o motivo polo que Arteixo é o municipio con maior abstención da provincia. E a gran mentira de que a dereita gañou en toda Galicia. E por qué non se contan ás persoas residentes no extranxeiro á hora de facer os cómputos de porcentaxes de votos... Grandes misterios das mentiras mediáticas.

    ESTÁNNOS A COLAR GOLES POR TODA A ESCUADRA!!!

    Tamén comentamo que Rosa María Calaf, esa correponsal de TVE polo mundo co seu pelo vermello, falará sobre a importancia de que os medios adiquen máis tempo a falar dos problemas dos nenos e nenas que non teñen cuberta a sua educación en moitos paises. Unha charla organizada pola Campaña Mundial pola Educación que terá lugar o xoves 29 ás 19 horas na Fundación Barrié, nos cantóns.

    Pasa e escoita, estás na tua casa.

    1 hr

About Alegria

From the publisher's feed

Programa emitido cada mércores de 19:00 a 20:00 horas.