
Sign up to save your podcasts
Or


Que agocha o sorriso de Mona Lisa? Non temos nin idea, aínda que si sabemos o moito que a arte pode intrigar e espertar no seu público. Todo isto pese a que en ocasións carecemos de ferramentas ou coñecementos para comprender a simboloxía ou trascendencia dunha obra. Se temos sorte e tempo, pode ser que na sala do museo no que nos atopemos alguén se apiade e nos explique aquilo que descoñecemos.
Durante uns anos Bernardo Pajares, o convidado desta semana, gardou con mimo a seguridade de obras penduradas no Museo del Prado. Logo decidiu que debía facer máis e comunicar, falar desas obras e das outras pinacotecas que visitaba. Así xurdiu o podcast Arte Compacto, un referente que tamén se pode escoitar en Radio Nacional, ao que tempo despois se uniu Juanra Sanz, compañeiro de vida.
Xunto a Bernardo falamos sobre a mocidade e os museos, como é contar arte a quen non a está vendo, sobre a importancia da representación na arte e de dar contexto actual a historias do pasado ou sobre o factor político da arte.
By Café Derby 21Que agocha o sorriso de Mona Lisa? Non temos nin idea, aínda que si sabemos o moito que a arte pode intrigar e espertar no seu público. Todo isto pese a que en ocasións carecemos de ferramentas ou coñecementos para comprender a simboloxía ou trascendencia dunha obra. Se temos sorte e tempo, pode ser que na sala do museo no que nos atopemos alguén se apiade e nos explique aquilo que descoñecemos.
Durante uns anos Bernardo Pajares, o convidado desta semana, gardou con mimo a seguridade de obras penduradas no Museo del Prado. Logo decidiu que debía facer máis e comunicar, falar desas obras e das outras pinacotecas que visitaba. Así xurdiu o podcast Arte Compacto, un referente que tamén se pode escoitar en Radio Nacional, ao que tempo despois se uniu Juanra Sanz, compañeiro de vida.
Xunto a Bernardo falamos sobre a mocidade e os museos, como é contar arte a quen non a está vendo, sobre a importancia da representación na arte e de dar contexto actual a historias do pasado ou sobre o factor político da arte.

419 Listeners

34 Listeners

69 Listeners

14 Listeners

0 Listeners