Programa semanal das noites dos venres (ata xuño,despois voltará ós xoves) Palco de Estrelas-Radio Valga 107.9/Radio Neria de Corcubión 107.8/ Radio Roncudo de Corme 106.1/ presentado e dirixido por Daniel Seijas. Ademais do de sempre,temos un especial sobre a polémica xerada sobre a Gala contra o cancro de Panorama en León (maio 2016),onde se tenta achegar a verdade do acontecido,onde se acusou a orquestra de estafadora de forma inxusta e maliciosa.Temos a resolución do concurso musical,despois de varios meses,gracias a Oscar de Sanxenxo. Presentación en exclusiva de novos temas da orquestra Los Trovadores.Entrevista a Jose Ramón Morales sobre o seu libro "¡ E Veña Merengue!" adicado a anecdotas e historias nas orquestras galegas.Veu acompañado polos membros da súa Fanfarria Furruxa,que tocaron temas en directo.Festas,santiños (San Martiño Dumiense ou de Braga),festas,chamadas dos nosos criticos orquesteiros Rubén de Ferrol e Jose Maria de Cordeiro...Os cambios importantes que ten o grupo Limón cos seus novos cantantes e músicos e baixa do escenario de Manoele de Felisa...e moito máis!!!!