Programa semanal dos xoves Palco de Estrelas-Radio Valga 107.9/Radio Neria de Corcubión 107.8/ Radio Roncudo de Corme 106.1/ presentado e dirixido por Daniel Seijas. (proximante pasa ós venres). Falamos con Javier Saavedra (Trombonista,natural de Taragoña-Rianxo) máximo responsable da orquestra Los Satélites ,a decana de Galicia, ó ser proclamada polos ointes do programa coma mellor orquestra de Galicia 2016 (fora tamén premiada no 2009,2011,2012,2013 e 2014). Estrenamos en exclusiva no programa 2 temas de adianto do seu próximo disco.Conversouse sobre a situación das orquestras,o convenio,problemas con facenda,o movimento económico que moven as festas e as orquestas,o aproveitamento das festas coma recurso turistico,a necesidade de crear centros de formación públicos orientados á verbena e a súa música,entre outras moitas cousas.