A nosa segunda convidada é Cristina Terceiro, xornalista e comunicadora de profesión, podcasteira (escoitai o seu fantástico podcast Viaxantas!) e boa coñecedora da diáspora galega, tanto en Bélxica como en Arxentina. Conversamos con ela sobre a vida en Bruxelas, as institucións europeas onde traballa, o activismo cultural na diáspora e máis a vitalidade e os preconceitos que temos da emigración galega en Arxentina.
Músicas:
Happy to see you again - MooveKa
Balkan noodles - Jonathan Hadas