Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

By Fóra de MapaHistory
Download on the App Store

Fóra de Mapa episodes

  • De leria con... Paula Jorge
    A nosa cuarta convidada é Paula Jorge, caboverdiana de Burela e por tanto galega. Con ela descrubrimos a realidade da diáspora de Cabo Verde e a súa integración na vila da Mariña, como se manteñen vivas as raíces desta comunidade e como xurden novas identidades que misturan elementos galegos e africanos. E tamén como ás veces non queda outra que explicar con retranca nas redes sociais que o galego é lingua de branc@s, negr@s, marr@ns e amarel@s.
    Músicas:
    Happy to see you again - MooveKa
    Balkan noodles - Jonathan Hadas
    29 min
  • #Petisco lixeiro. O picnic paneuropeo
    No verán de 1989 xa se albiscaba o cambio político no bloque oriental, pero o telón de aceiro seguía a dividir ós cidadáns do continente. Neste contexto uns opositores húngaros e o herdeiro da casa Habsburgo tiveron unha idea, unha romeria onda a fronteira que xuntase a austriacos e húngaros. O picnic paneuropeo comezou como unha festa de confraternización con música, cervexa, churrasco e goulash e acabou sendo a fenda máis grande do Telón de Aceiro até ese momento. Uns meses despois, o Telón era historia.
    Aquel día non caeu ningún muro nin se asinou ningún tratado. Simplemente houbo unha festa, unha fronteira aberta durante unhas horas, uns guardas que deixaron facer e moitos alemáns do leste que decidiron aproveitar a ocasión.
    10 min
  • #Petisco lixeiro. A dinastía real albanesa
    A dinastía real albanesa parece saída dunha novela de humor: un rei autonomeado, décadas de exilio, golpes de Estado fallidos, intentos de restauración e, polo medio, un monarca que fumaba ata 200 cigarros ao día e sobreviviu a ducias de atentados. No centro de todo está Zog I, o peculiar ditador que en 1928 decidiu converterse en rei dos albaneses e gobernou un país pobre mentres tentaba rodearse do luxo e protocolo das grandes casas reais europeas.
    Coa invasión italiana de 1939 comezou o longo exilio do rei Zog e a súa familia, que levou o seu fillo Leka por media Europa e África. Xa na Albania poscomunista, Leka I tentou recuperar o trono e o seu fillo Leka II mantivo a tradición familiar de protagonizar situacións cando menos peculiares.
    19 min
  • #Petisco lixeiro. O sistema político belga
    Bélxica é un dos países politicamente máis complexos de Europa: tres linguas oficiais, tres comunidades lingüísticas, tres rexións e unha chea de institucións e niveis de goberno. No episodio explicamos como se construíu este sistema federal e por que as tensións entre Flandres, Valonia e Bruxelas marcaron a historia recente do país.
    Falamos tamén da peculiar relación dos belgas co seu propio Estado, nun sistema no que os partidos están divididos por linguas e formar goberno pode converterse nun auténtico quebracabezas.
    16 min
  • #Petisco lixeiro. Gagauzia
    Gagauzia é unha das pequenas anomalías de Europa: unha autonomía no sur de Moldavia habitada maioritariamente polos gagauzos, un pobo de orixe aínda discutida, cristián ortodoxo e falante dunha lingua túrquica emparentada co turco. Entre exclaves, viñedos, ovellas e unha historia marcada polo Imperio Ruso, a URSS e o colapso soviético, este recuncho do continente agocha unha historia moito máis complexa do que podería parecer.
    No episodio viaxamos a Gagauzia para coñecer a súa historia, a súa peculiar autonomía e as tensións que mantén con Chisinau. Falamos tamén do forte vínculo da rexión con Rusia, da súa oposición ao rumbo europeo de Moldavia e, sobre todo, dunha lingua que vai camiño de ser substituída polo ruso nun par de xeracións.
    20 min
  • #50. Illas Canarias. Un arquipélago cunha forte identidade de seu alén das postais turísticas
    Alén de praias, sol e plátanos, as Illas Canarias son un arquipélago cunha historia e unha identidade propias, marcadas pola súa posición entre no Atlántico, a máis de 100km da costa africana. Neste episodio conversamos con Iván Vega, activista cultural da Fundación Tamaimos, sobre a cultura canaria, a herdanza guanche, e os debates arredor da identidade canaria, o colonialismo exercido sobre o arquipélago e o nacionalismo canario, desmontando moitos dos tópicos cos que adoita verse as illas.
    Percorremos tamén a historia das illas desde a chegada das primeiras poboacións amazighs ata a actualidade, deténdonos especialmente na conquista castelá do século XV e na posterior explotación colonial do arquipélago, baseada nos monocultivos de exportación e na súa importancia estratéxica para a expansión atlántica. Un percorrido para comprender como a xeografía, a historia e as relacións de poder contribuíron a moldear a realidade das Illas Canarias e a identidade do seu pobo.
    1 hr 31 min
  • #Petisco lixeiro. As illas Selvagens - Episodio exclusivo para mecenas
    Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! As Illas Selvagens son un arquipélago diminuto, deshabitado e perdido no Atlántico entre Madeira e Tenerife que, malia o seu tamaño, leva séculos en desputa entre España e Portugal.
    Nelas non hai poboación permanente, case non hai infraestrutura, pero a súa consideración como illas pode determinar quen controla centos de miles de quilómetros cadrados de océano Atlántico e máis os seus recursos.
    Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924
    12 min
  • De leria con... Christoph Schreinmoser, director do IGADI
    O noso terceiro convidado é Christoph Schreinmoser, doutor en Dereito Internacional Público e director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Con el reflexionamos sobre o papel de Galicia no escenario internacional, as posibilidades da súa acción exterior e os mecanismos para construír unha voz propia no mundo, cunha mirada bávara e tamén moi galega.
    Músicas:
    Happy to see you again - MooveKa
    Balkan noodles - Jonathan Hadas
    30 min
  • De leria con... Christoph Schreinmoser, director do IGADI
    O noso terceiro convidado é un vello coñecido do podcast, o bávaro Christoph Schreinmoser, doutor en dereito internacional público e recentemente nomeado director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.
    Con el falamos de paradiplomacia, acción exterior e como Galicia pode lograr que a súa voz conte nunha comunidade internacional cada vez máis caótica.
    28 min
  • #49. Malta e a lingua maltesa. Unha historia de “triglosia” e autodeterminación
    O maltés é hoxe a lingua nacional e oficial de Malta. Un idioma semítico con arredor de medio millón de falantes que ten que competir coa outra lingua oficial do país, o inglés.
    Por Malta pasaron unha chea de pobos, desde os romanos, pasando polos árabes até os británicos, que deixaron a súa pegada na identidade e lingua propia da illa.
    Durante séculos o maltés foi o idioma do pobo, mentres que as elites falaban italiano.
    Esta situación comezou a mudar cando Malta se converte nunha colonia do Imperio Británico, comeza un conflito lingüístico entre italiano e inglés, co que finalmente, nos anos 30 o maltés acabou por obter recoñecemento. Con todo, o pobo maltés tivo que loitar algunhas décadas máis pra lograr a independencia do Reino Unido.
    Hoxe o maltés está normalizado, é mesmo un idioma oficial da Unión Europea e pola contra sufre unha situación de diglosia que a moitos galegos nos pode parecer bastante familiar.
    Músicas:
    Russian Dance - Joey Pecoraro
    Balkan - Crowander
    Sos de su '39 - Coro Canarjos
    Il-Lament ta´ Filfla - Ghana Duo
    L-Innu Malti - Robert Samut
    The Travellers - Sbejha
    47 min

About Fóra de Mapa

From the publisher's feed

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

More shows like Fóra de Mapa

Todo Concostrina by SER Podcast

Todo Concostrina

170 Listeners

Hoy en EL PAÍS by EL PAÍS

Hoy en EL PAÍS

112 Listeners

Un tema Al día by elDiario.es

Un tema Al día

35 Listeners

Saldremos Mejores by Podium Podcast

Saldremos Mejores

18 Listeners

No es el fin del mundo by El Orden Mundial

No es el fin del mundo

28 Listeners