Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

By Fóra de MapaHistory
Download on the App Store

Fóra de Mapa episodes

  • #Petisco lixeiro. A lingua galó, o idioma romance propio da Bretaña - Episodio exclusivo para mecenas
    Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! En Bretaña fálanse 3 linguas, o francés, o bretón e máis o galó, un idioma romance, do grupo das linguas de oïl, e propio da Alta Bretaña que non é oficial e está bastante minorizado.
    Durante moitos séculos o galó foi visto mesmo polos seus falantes como un simple francés chapurreado. A cambiar esta situación non axudou nin a proximidade do galó á lingua francesa, nin a reputación do bretón como idioma propio do pobo bretón, cunha literatura e activismo desde hai séculos, nin tampouco as políticas centralistas e glotófobas do estado francés.
    Mais con todo, o galó é tamén un idioma de Bretaña, e un crecente activismo lingüístico está a tentar cambiar as perspectivas dos bretóns e dos propios falantes de galó sobre o outro idioma propio da Bretaña.
    Músicas:
    Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra
    Bèrtran Ôbrée - Pu lein
    Russian Dance - Joey Pecoraro

    Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924
    14 min
  • #45. Bretaña. Moito máis que a nación celta do continente
    A Bretaña é un país cunha identidade de seu ben forte, a pesar de ter perdido boa parte da súa diversidade lingüística nas últimas décadas. Os bretóns teñen un importante apego á súa terra e logo de séculos de case que completa autonomía de Francia, seguen a reclamar hoxe un maior autogoberno e rexeitan o centralismo de París
    Isto non se manifesta tanto no uso das linguas do país, o galó, o idioma do romance da Alta Bretaña, e máis o bretón, a lingua céltica falada na parte occidental da península, e que hoxe está nunha situación desfavorable. Con todo existen ducias de iniciativas pra reforzala e un crecente afecto pola sociedade bretoa.
    Musicas:
    Tri Martolod (Tradicional) - Alan Stivell
    Bro gozh ma zadoù - Cantada por Alan Stivell, Gilles Servat, Tri Yann, Louis Capart, Soldat Louis, Renaud Detressan, Gwennyn, Clarisse Lavanant, Rozenn Talec & Cécile Corbel
    Kantik Sant Erwan (Tradicional) - Anne Auffret
    Diwanit bugale - Dan Ar Braz & l'Héritage des Celtes
    Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra
    Russian Dance - Joey Pecoraro
    Balkan - Crowander
    1 hr 25 min
  • #Petisco lixeiro. A diáspora caucásica en Medio Oriente
    A conquista do norte do Cáucaso polo Imperio Ruso a mediados do séc. XIX forzou a unha chea de pobos da rexión a abandonar as súas terras e a reasentarse no Imperio Otomano. Centos de miles de chechenos, circasianos, ingushes... establecéronse por toda a xeografía do Imperio e convertéronse en leais servos de Constantinopla.
    Logo da fundación da República de Turquía e a independencia de Siria e Xordania tanto chechenos como circasianos mantiveron unha importante relevancia nos países nos que viven, obtendo unha gran influencia política e social nas súas sociedades e mantendo viva a identidade e memoria colectiva de cadanseu pobo a centos de kilómetros do Cáucaso.
    12 min
  • Os chechenos. Unha nación forxada na guerra, represión e a resistencia

    Os chechenos son unha das moitas nacións que habitan os vales e montañas do Cáucaso norte, e con certeza son os máis famosos destes pobos, aínda que sexa por levar desde hai décadas sufrindo guerras, deportacións, terrorismo e represión, porén, a nación chechena é moito máis que un pobo de afoutos e feros guerreiros.


    A sociedade chechena actual forxouse nunha sucesión de traumas, as catastróficas guerras nas que tentou resistir o avance do Imperio Ruso no século XIX, a deportación de toda a nación a Asia Central durante a 2ª Guerra Mundial e as guerras pola independencia do país nos 90s e 2000s e o xugo da represión exercida polo clan dos Kadyrov, coa bendición de Moscova.


    1 hr 10 min
  • #44. Os chechenos. Unha nación forxada na guerra, represión e resistencia
    Os chechenos son unha das moitas nacións que habitan os vales e montañas do Cáucaso norte, e con certeza son os máis famosos destes pobos, aínda que sexa por levar desde hai décadas sufrindo guerras, deportacións, terrorismo e represión, porén, a nación chechena é moito máis que un pobo de afoutos e feros guerreiros.
    A sociedade chechena actual forxouse nunha sucesión de traumas, as catastróficas guerras nas que tentou resistir o avance do imperio ruso no século XIX, a deportación de toda a nación a Asia Central durante a 2ª Guerra Mundial e as guerras pola independencia do país nos 90s e 2000s e o xugo da represión exercida polo clan dos Kadyrov, coa bendición de Moscova.
    1 hr 10 min
  • #Petisco lixeiro. A "venda" dos saxóns e xudeus de Romanía
    Os xudeus e os saxóns, ou alemáns, sempre foron comunidades moi importantes en Romanía e en Transilvania en concreto.
    A pesar das mortes acontecidas durante a 2ª guerra mundial, especialmente o holocausto, e máis as migracións e deportacións sucedidas logo desta, durante o período comunista do país tanto a comunidade hebrea como a alemá tiñan unha forte vitalidade e centos de miles de membros.
    Con todo, o réxime comunista romanés empregou esta poboación dunha maneira ben ruín: "vendeu" ducias de miles de individuos co fin de mellorar as súas relacións coa República Federal de Alemaña e Israel, e por tanto con Occidente á vez que obtiña divisas e outros beneficios materiais, que habitualmente acaban no peto dos Ceaușescu.
    13 min
  • #43. Transilvania. Un país miticamente diverso
    En Europa occidental Transilvania é sinónimo de vampiros, monstros, misterio... e tamén debería ser de diversidade étnica.
    Na rexión de Transilvania viviron durante moitos séculos varios pobos que lle deron a súa específica personalidade. Saxóns, xudeus, xitanos, húngaros, sículos, romaneses... formaron parte dun mosaico étnico no que certas etnias tiñan máis poder político e económico que outras. Unha rexión pola que diversos estados loitaron e que cambiou de mans varias veces no século XX.
    Hoxe, logo de xenocidios, deportacións e a venda ó por maior de xudeus e saxóns, Transilvania aínda é o fogar da importante minoría maxiar do país.
    1 hr 6 min
  • #Petisco lixeiro. A expulsión dos alemáns de Checoslovaquia
    Nos territorios da República Checa, e antano de Checoslovaquia viviu durante séculos unha importante poboación xermana, que no período de entreguerras chegou a ser case un cuarto da poboación total checoslovaca.
    A pesar de teren unha serie de garantías e dereitos colectivos, nos anos 30 boa parte desta poboación apoiou posturas irredentistas e ó partido pro-nazi, e celebraron a incorporación dos seus territorios ó III Reich.
    Con estes vimbios, o goberno checoslovaco da postguerra decidiu expulsar á gran maioría destes alemáns e expropiar os seus bens, repoboando o territorio con checos e eslovacos, un castigo colectivo que aínda ten efectos hoxe e que deixou traumas nas sociedades alemá e checa.
    16 min
  • #42. Os moravos. 1000 anos de historia entre Praga e Viena
    Moravia é unha das tres rexións históricas que forman parte da República Checa e a pesar de que o país é centralista e relativamente homoxéneo, desde hai moitos séculos existe unha identidade local coa que se identifican centos de miles de moravos.
    Moravia sempre tivo institucións propias e foi unha entidade autónoma de Praga (e Viena), aínda así, moravos loitaron canda os seus compatriotas bohemios pra lograren a independencia do país e a normalización da lingua checa, durante séculos minorizada polo idioma alemán.
    Hoxe, a nación checa ten un estado de seu, do que os moravos se sinten como unha parte substancial, mais con todo demandan o recoñecemento e visibilidade da súa cultura e identidade e a autonomía pro seu milenario país moravo.
    1 hr 2 min
  • #Petisco lixeiro. Ágrafa, unha bisbarra grega literalmente fóra de mapa
    Por todo o continente europeo hai moitas bisbarras recónditas, unha delas é tan remota que mesmo leva a súa condición no nome: Ágrafa, que en lingua grega significa sen rexistrar.
    Esta comarca tivo unha historia singular, ó ser tan inaccesible nin os emperadores nin os sultáns constantinopolitanos tiveron a vontade (nin a necesidade) de dominar este territorio, que durante séculos viviu nun espléndida e orgulloso illamento e foi un dos poucos territorios gregos fóra da órbita do poder otomán ou veneciano.
    Hoxe, Ágrafa xa está nos mapas, aínda que como calquera outra zona de montaña ten que facer fronte ós retos do despoboamento e o cambio climático.
    12 min

About Fóra de Mapa

From the publisher's feed

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

More shows like Fóra de Mapa

Todo Concostrina by SER Podcast

Todo Concostrina

170 Listeners

Hoy en EL PAÍS by EL PAÍS

Hoy en EL PAÍS

112 Listeners

Un tema Al día by elDiario.es

Un tema Al día

35 Listeners

Saldremos Mejores by Podium Podcast

Saldremos Mejores

18 Listeners

No es el fin del mundo by El Orden Mundial

No es el fin del mundo

28 Listeners