Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

By Fóra de MapaHistory
Download on the App Store

Fóra de Mapa episodes

  • #Petisco lixeiro. A Soberana Orde Militar de Malta - Episodio exclusivo para mecenas
    Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! A Soberana Orde Militar de Malta é a herdeira dos antigos cabaleiros hospitalarios das Cruzadas, que chegaron a gobernar Rodas, e logo Malta até que Napoleón ocupou a illa en 1798. Desde entón, a orde instalouse en Roma e mantén unha situación moi peculiar: ten sede propia, constitución, bandeira, himno, pasaportes e relacións diplomáticas con máis de 100 países, ademais de status de observadora na ONU.
    Porén, non é un estado completo, o seu territorio son dous palacios en Roma e a organización depende en boa medida da autoridade do Papa. Hoxe a súa función principal xa non é militar, senón humanitaria: xestiona hospitais, proxectos sociais e axuda internacional a través de miles de voluntarios. É unha anacronía do medievo convertida en organización solidaria moderna.
    Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924
    12 min
  • De leria con... a viaxanta Cris Terceiro
    A nosa segunda convidada é Cristina Terceiro, xornalista e comunicadora de profesión, podcasteira (escoitai o seu fantástico podcast Viaxantas!) e boa coñecedora da diáspora galega, tanto en Bélxica como en Arxentina. Conversamos con ela sobre a vida en Bruxelas, as institucións europeas onde traballa, o activismo cultural na diáspora e máis a vitalidade e os preconceitos que temos da emigración galega en Arxentina.
    Músicas:
    Happy to see you again - MooveKa
    Balkan noodles - Jonathan Hadas
    38 min
  • #Petisco lixeiro. Os gorales - Episodio exclusivo para mecenas
    Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Os gorales son unha etnia que habita os Tatras, a serra dos Cárpatos que separa a Polonia de Eslovaquia. Hoxe son arredor duns 100.000 entrambos lados da fronteira. A súa forma de vida sempre estivo moi ligada á paisaxe e ás montañas nas que habitan, e ó viviren de maneira isolada, e nunha rexión de fronteira desenvolveron unha identidade e cultura diferenciadas da eslovaca e polaca.
    Durante os séculos XIX e parte do XX os gorales representaron pra moitos intelectuais románticos e nacionalistas polacos a idea do salvaxe libre, o perfecto polaco que mantiña a identidade da patria oprimida nos seus vales e montañas, onde vivía fóra da órbita de Viena, Moscova ou Berlín, nun período no que o estado polaco non existía.
    Coa chegada do desenvolvemento económico e a modernidade á rexión dos gorales estes souberon explotar ben tanto a beleza das súas montañas como esa fama de montañeses feros e auténticos que tan ben casaba cos estereotipos desenvolvidos polos intelectuais nacionalistas durante décadas.
    Hoxe os gorales aínda se senten orgullosos desta identidade diferenciada, mesmo se ás veces esta teña máis de performance pra turistas que outra cousa.
    Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924
    15 min
  • #48. O wymysorys. Como a rapaciada motivada pode dinamizar unha microlingua
    O wymysorys é a lingua xermana máis pequena e máis ameazada de desaparición do mundo. Falada soamente no municipio da Silesia polaca de Wilamowice (ou en wymysorys Wymysoü) por algunhas ducias de persoas. Hai 30 anos veciños e sociolingüistas predicían a súa desaparición ó morreren @s derradeir@s falantes.
    O uso da lingua foi prohibido polas autoridades da Rep. Socialista de Polonia e iso creou un trauma na poboación local de Wilamowice. Porén, nos anos 90s naceron na vila mociñ@s que decidiron revitalizar a lingua dos seus avós e bisavós.
    Hoxe hai unha comunidade de 100 falantes (entre neo e paleofalantes), faltan profesores pra ensinar a lingua, créanse tik toks, música ou teatro nesta lingua, e Wilamowice converteuse nun exemplo estudado por sociolingüistas de todo o mundo.
    40 min
  • De leria con.. Mario Brión @olaxonmario
    Comezamos unha nova sección coa que queremos alargar o podcast, publicando entrevistas con persoas que por unha razón ou outra fan cousas interesantes e de certa maneira relacionadas coa temática do Fóra de mapa.
    O primeiro convidado é Mario Brión, @olaxonmario nas redes, influencer das traiñeiras, Mestre Mateo award nominated, probablemente o noso maior fans, e que habitualmente publica contidos sobre identidades periféricas, literal e metaforicamente, conflitos lingüísticos e diversidade cultural con moita retranca pero tamén con rigurosidade.
    Músicas:
    Happy to see you again - MooveKa
    Balkan noodles - Jonathan Hadas
    33 min
  • #Petisco lixeiro. O idioma tabarkino - Episodio exclusivo para mecenas
    Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Sardeña é un territorio cunha diversidade lingüística enorme, nel fálanse cinco idiomas diferentes, unha oficial, o italiano, 2 outras recoñecidas e protexidas pola lei nacional, o sardo e máis o catalán en L´Alguer, e 3 máis recoñecidas e protexidas pola lei rexional, o sassarese e o gallurese (estas 2 últimas son formas do corso) e máis o o tabarkino.
    Este último idioma, falado en 2 pequenas illas no sudoeste de Sardeña, é unha forma da lingua ligur que hoxe aínda mantén unha importante vitalidade, en boa medida porque é o idioma dunha comunidade cunha historia única, os descendentes dos colonos de Tabarca, unha illa na costa tunecina no que durante máis de 200 anos viviron e prosperaron numerosas familias xenovesas.
    Co tempo, logo de conflitos, periplos e mesmo escravitude os antigos colonos de Tabarca asentáronse no arquipelago de Sulcis, en Sardeña e hoxe os seus descendentes aínda se sinten moi orgullosos desta identidade expresada en tabarkino, e dos seus vedanceiros que viviron unha aventura por medio Mediterráneo.
    Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924
    10 min
  • #47. Os sardos. Seica poucos, tolos e mal unidos
    Sardeña é unha gran descoñecida a pesar de que cada verán millóns de turistas visitan a súa fermosa costa. Porén, a illa conta cunha cultura propia riquísima, unha diversidade lingüística enorme e un abundante patrimonio histórico.
    5 linguas se falan en Sardeña, sardo, gallurese, sassarese, catalán, tabarchino e italiano, e esta diversidade, a pesar de estar ameazada por unha forte diglosia aínda é ben visible nas rúas e carreiros de cidades, vilas e aldeas do país. A condición de insularidade de Sardeña favoreceu esta diversidade e tamén que agromase unha cultura popular única, con raíces ben antigas.
    Mais tamén, está condición de insularidade propiciou a explotación colonial por parte de diferentes estados que explotaron os recursos da illa sen deixar gran beneficio pra poboación local. Esta situación de colonia interna aínda ten efectos en Sardeña hoxe tanto a nivel político, como económico e cultural.
    Músicas:
    Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra
    Russian Dance - Joey Pecoraro
    Balkan - Crowander
    Sos de su '39 - Coro Canarjos
    Su patriotu sardu a sos feudatarios - Coro di Nuoro
    Justinianus - The Purple Throne
    Sonetto di Remundu Piras - Tenore Supramonte Orgosolo
    Daniela Pes - Ca milla dia dì
    52 min
  • Episodio especial. Diáspora e fútbol
    O fútbol é un espazo moi relevante pras diásporas, ademais de ocio tamén é pra moitos seguidores parte importante da súa identidade colectiva e individual Esta dimensión social fixo que ó longo da historia do deporte houbese moitos equipos que representaron e representan a colectivos de refuxiados e tamén de emigrados, equipos cos que estes grupos tentan aínda hoxe, manter a súa vinculación coa patria distante ou perdida.
    Músicas:
    ΠΑΟΚ ke kseró psomí! - Státhi Nikolaïdi
    O Son das túas Ondas - Diplomáticos de Monte Alto
    39 min
  • #Petisco lixeiro. A guerra civil albanesa - Episodio exclusivo para mecenas
    Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! En Albania, nos 90, a transición do comunismo á economía de mercado e democracia liberal (bastante imperfectas) estivo chea de problemas: inestabilidade política, unha privatización caótica, emigración masiva, inflación, crime organizado gañando moito poder e no 1997 unha guerra civil.
    Nos 90s comezaron a xurdir empresas financeiras que funcionaban como auténticas estafas piramidais e nas que gran parte da poboación albanesa depositou os seus magriños aforros. Ó colapsar todo este sistema a comezos de 1997 os albaneses tentaron tomar a xustiza pola man e rebeláronse contra o goberno que se viu incapaz de manter a paz e orde no país. Comezaban meses de auténtica anarquía que acabaron por provocar unha intervención internacional e tiveron consecuencias políticas tanto en Albania como en estados veciños.
    Músicas:
    Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra
    Russian Dance - Joey Pecoraro

    Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924
    18 min
  • #46. Os Bektashis. A relixión "nacional" do pobo albanés
    Albania é sinónimo de convivencia e harmonía relixiosa. Os albaneses non teñen unha relixión común, a maioría son musulmáns sunnitas, porén hai unha importante porcentaxe de católicos e ortodoxos, por iso se di que a auténtica relixión do pobo albanés é o nacionalismo albanés, que se fundamenta na cultura e lingua de seu deste pobo balcánico.
    Con todo, existe unha outra minoría relixiosa, recoñecida como relixión de seu polo estado albanés que tivo unha relevancia moi importante no xurdimento do nacionalismo albanés, e que tentou configurarse como a relixión propia da nación: o bektashismo.
    Esta orde sufí, mística e con certos elementos propios do xiísmo, presente en boa parte dos Balkáns e en Turquía ten hoxe a súa sede mundial en Tirana, e pretende representar unha visión heterodoxa, flexible e tolerante do Islam.
    Músicas:
    Ylli Baka - Baba Tomorri
    Thunder Way: The order executors
    Russian Dance - Joey Pecoraro
    Avni Mula, Ibrahim Hasnaj - Udha Bektashiane
    Balkan - Crowander
    Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra
    58 min

About Fóra de Mapa

From the publisher's feed

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

More shows like Fóra de Mapa

Todo Concostrina by SER Podcast

Todo Concostrina

170 Listeners

Hoy en EL PAÍS by EL PAÍS

Hoy en EL PAÍS

112 Listeners

Un tema Al día by elDiario.es

Un tema Al día

35 Listeners

Saldremos Mejores by Podium Podcast

Saldremos Mejores

18 Listeners

No es el fin del mundo by El Orden Mundial

No es el fin del mundo

28 Listeners