Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

By Fóra de MapaHistory
Download on the App Store

Fóra de Mapa episodes

  • #38. Eslovenia. A ponte entre Europa central e os Balcáns.
    Adentrámonos na súa historia, lingua e idiosincrasia. A pesar de que si está no mapa e de ser un estado independente, que leva 20 anos na Unión Europea, é un exemplo de país que, quitando as últimas décadas, sempre pertenceu a outro estado. E o feito de ser hoxe independente débese tanto a factores internos: ao xurdimento dun nacionalismo potente; como externos: á disolución de dous estados como o Imperio austrohúngaro e Iugoslavia. Durante séculos ou milenios Eslovenia non tiña as mellores cartas pra converterse nun estado independente, pero a finais do século XX foi quen de mudar a súa historia.
    1 hr 17 min
  • #Petisco lixeiro. As burrneshas
    As sociedades rurais da península balkánica eran especialmente patriarcais e iso facía que os dereitos e liberdades das mulleres fosen ben reducidos. Non tiñan nin voz nin voto nas decisións da familia ou do clan nin herdar. Nos casos nos que nunha familia non había un home que exercese de cabeza de familia, unha muller non casada podía converterse socialmente nun home tras xurar manter a súa virxindade e celibato, cortar o pelo e vestir con roupas masculinas.
    Esta práctica foi esmorecendo durante o século XX e XXI, porén, nas montañas do norte de Albania aínda existen arredor dunhas 10 burrneshas, virxes xuramentadas que son recoñecidas socialmente como homes, e como tal gozan dos privilexios de seren as patriarcas das súas familias.
    20 min
  • #Petisco lixeiro. Os tártaros de Lipka
    Durante a súa historia Lituania sempre foi unha terra cunha ampla diversidade e os tártaros de Lipka foron e son seguramente dos pobos máis exóticos que conformaban a sociedade do país.
    Despois de séculos habitando as chairas hoxe compartidas entre Polonia, Bielorrusia e máis Lituania, os tártaros de Lipka están ben integrados en cadansúa sociedade, mantendo cultura, tradicións e relixión, e sendo vistos como unha minoría leal e exemplar, que ao longo da historia de Polonia e Lituania sempre participou nas loitas pola soberanía e independencia destas.
    17 min
  • #Petisco lixeiro. Os valdenses
    Nos vales alpinos entre Francia e Italia vive unha pequena comunidade relixiosa cristiá que durante séculos sufriu a represión de monarcas e papas: os valdenses.
    Esta comunidade, xurdida no século XII non comunga con varios dos dogmas do Vaticano como o sacerdocio ministerial ou a existencia do purgatorio, polo que foi declarada herética e perseguida. A pesar de varias campañas de exterminio contra eles lograron subsistir e manter a súa fe até hoxe.
    17 min
  • #Petisco lixeiro. A Gran Excursión
    No verán de 1989 Bulgaria expulsou a Turquía a centos de miles de turcos búlgaros. Unha auténtica limpeza étnica que pasou bastante desapercibida nos medios internacionais e no mundo académico.
    A Gran Excursión foi unha consumación da política ultranacionalista do estado socialista búlgaro que pretendía a formación dunha identidade nacional homoxénea fundamentada na cultura e lingua búlgaras e no socialismo e a asimilación das minorías musulmás (turcos, pómaks, tártaros e xitanos).
    20 min
  • #Petisco lixeiro. Os croatas de Molise
    Molise existe e alí conviven 3 diferentes comunidades lingüísticas. Unha delas, a croata é a máis pequena das recoñecidas en Italia e probablemente a máis exótica.
    A comunidade dos croatas de Molise está formada por arredor de 1000 persoas, que se concentran en 3 vilas da rexión. Chegados á zona no século XVI, foi "redescuberta" no século XIX. Hoxe, o seu idioma esmorece a pesar da protección e recoñecemento aprobados lexislación rexional e nacional.
    14 min
  • #Petisco lixeiro. O monte Athos
    En Grecia hai unha península na que nin as mulleres, nin os animais femia poden entrar, é o monte Athos, un dos lugares máis sagrados pra comunidade ortodoxa.
    Este territorio leva sendo autónomo desde hai un milenio desenvolvendo un autogoberno, institucións e normas propias pese as idas e vindas políticas en Constantinopla ou Atenas. Hoxe o monte Athos é unha Mancomunidade Monástica Autónoma, cunha independencia case completa de Atenas.
    17 min
  • #Petisco lixeiro. O intercambio de poboación Grecia - Turquía
    En 1923 Grecia e Turquía acordaban un intercambio das poboacións musulmá e ortodoxa co fin de acabar cos conflitos entre os dous estados. Esta decisión vai supor unha traxedia pra case 2 millóns de persoas e afectar as sociedades enteiras de Grecia e Turquía e redefinir as identidades de cadanseu país. Os seus efectos políticos e sociais aínda teñen consecuencias hoxe.
    20 min
  • #Petisco lixeiro. Nakhicheván
    A República Autónoma de Nakhicheván é un exclave acerbaixano entalado entre Armenia e Irán, porén conta cun paso fronteirizo co maior socio comercial, político e militar de Acerbaixán: Turquía.
    Isto fai que Nakhicheván sexa un territorio clave para comprendermos a inestabilidade no Cáucaso, e un potencial elo esencial nos corredores de transporte entre Asia Central, o Mediterráneo e Europa.
    18 min
  • #Petisco lixeiro. Llívia e a guerra dos stops

    A vila catalá de Llívia é unha pequena "anomalía" xeográfica, desde o 1659 está completamente rodeada de territorio francés debido a razóns semánticas. Nos anos 70 e 80 a vila foi o centro dunha crise diplomática entre Francia e España por uns stops na estrada que conectaba a vila co territorio catalán.

    7 min

About Fóra de Mapa

From the publisher's feed

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

More shows like Fóra de Mapa

Todo Concostrina by SER Podcast

Todo Concostrina

170 Listeners

Hoy en EL PAÍS by EL PAÍS

Hoy en EL PAÍS

112 Listeners

Un tema Al día by elDiario.es

Un tema Al día

35 Listeners

Saldremos Mejores by Podium Podcast

Saldremos Mejores

18 Listeners

No es el fin del mundo by El Orden Mundial

No es el fin del mundo

28 Listeners