Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

By Fóra de MapaHistory
Download on the App Store

Fóra de Mapa episodes

  • #Petisco lixeiro. Llívia e a guerra dos stops
    A vila catalá de Llívia é unha pequena "anomalía" xeográfica, desde o 1659 está completamente rodeada de territorio francés debido a razóns semánticas. Nos anos 70 e 80 a vila foi o centro dunha crise diplomática entre Francia e España por uns stops na estrada que conectaba a vila co territorio catalán.
    7 min
  • #Petisco lixeiro. O lado escuro de Suecia
    Suecia é hoxe un estado referente por moitas razóns ben xustificadas, porén, até non hai moito executou unhas políticas racistas, euxenésicas e de colonización interior contra a súa poboación sámi e tornedaliana propias de réximes totalitarios. No podcast tratamos destas políticas e de como o estado sueco leva anos tentando reparar o mal feito até só hai unhas décadas.
    13 min
  • #Petisco lixeiro. O Bijbelgordel, un cinto bíblico nun dos países menos relixiosos de Europa
    Os Países Baixos é un dos estados menos relixiosos de Europa, porén nunha franxa de territorio entre a costa de Zeelandia e a fronteira con Alemaña hai unha serie de concellos cunha importante poboación protestante especialmente relixiosa e tradicional. É o que lle chaman Bjibelgordel, un cinto bíblico onde vacinarse, traballar en domingos ou levar minisaia non está moi ben visto.
    10 min
  • #Episodio Especial. Galicia na Sociedade das Nacións, fito ou mito?
    O nacionalismo galego busca desde hai décadas o recoñecemento internacional de Galicia como nación por parte doutros actores internacionais. Un dos primeiros éxitos foi no 1933: A representación do país na IX xuntanza do Congreso das Nacionalidades Europeas, unha organización non gubernamental internacional que representaba ás diferentes nacións sen estado e minorías étnicas e relixiosas de Europa.
    O profesor Núñez Seixas explicounos a relevancia deste episodio pro nacionalismo galego e a importancia que esta organización tivo na política relativa ás minorías do período de entre guerras.
    43 min
  • #37. O mirandés. A variante do asturleonés oficial en Portugal, seica.
    O mirandés é a forma local do asturleonés no territorio de Miranda do Douro, en Portugal. Hoxe en día está en grave de risco de desaparición, aínda que nos últimos anos o estado portugués aprobase medidas para protexelo, medidas que non sempre son executadas. Pola contra, o asturleonés goza de máis vitalidade en Asturias, onde hai unha campaña potente pra reclamar a oficialidade, mentres que nos territorios de León e Zamora de fala asturleonesa a lingua esmorece sen apenas protección.
    1 hr 6 min
  • #36. Occitania. 1000 anos resistindo a hexemonía de París

    Occitania é un territorio extenso no que se fala occitano e que abrangue varias rexións e catro países (Francia, Italia, Catalunya e Mónaco). Falamos neste episodio das diferentes identidades que coexisten no territorio xurdidas entorno a esta lingua. E falamos de identidades, en plural, porque ao ser o occitano falado nun territorio tan extenso existen polo tanto varias formas de sentirse parte da comunidade que fala occitano. E tamén existen importantes variacións lingüísticas entre os diferentes dialectos do occitano.

    1 hr 4 min
  • #36. Occitania: 1000 anos resistindo a hexemonía de París
    Occitania é un territorio extenso no que se fala occitano e que abrangue varias rexións e catro países (Francia, Italia, Catalunya e Mónaco). Falamos neste episodio das diferentes identidades que coexisten no territorio xurdidas entorno a esta lingua. E falamos de identidades, en plural, porque ao ser o occitano falado nun territorio tan amplo, existen polo tanto varias formas de sentirse parte da comunidade que fala occitano. E tamén existen importantes diferenzas lingüísticas entre os diferentes dialectos do occitano.
    1 hr 4 min
  • #Petisco lixeiro. O mesías que non foi
    Durante a milenaria historia da relixión xudía houbo varios individuos que se proclamaron mesías, seguramente o máis famoso foi Sabbatai Zevi, un xudeu sefardí de Esmirna que provocou un auténtico cisma nas comunidades xudías de media Europa e Oriente Medio. O Sabbatai non acabou ben de todo, porén, unha parte pequena dos seus seguidores continuou a louvalo como novo mesías até hoxe, estes forman unha pequena minoría relixiosa presente en Turquía: os Donmëh.
    14 min
  • #Petisco lixeiro. A cuestión lingüística grega
    A lingua grega lévase falando no territorio da Grecia actual desde hai milenios, porén o idioma evolucionou e foi cambiando debido ás influenzas dos pobos que pasaron polo país. Coa independencia de Grecia, o debate sobre que forma de grego usar causou un cisma nacional que chegou a provocar disturbios e pelexas con mortos entre os que defendían unha forma popular do grego e outra máis próxima ao grego empregado na Grecia clásica.
    15 min
  • #Petisco lixeiro. O conflito de Adjara
    Adjara é unha rexión autónoma de Xeorxia. Nela viven vario pobos, fundamentalmente adjaros que son unha sub-etnia xeorxiana que profesa a fe islámica. Como consecuencia, no período soviético foi un territorio autónomo e despois da independencia xeorxiana do 1991 mantivo ese autogoberno e mesmo estivo a piques de converterse no terceiro territorio separatista de Xeorxia no 2004.
    12 min

About Fóra de Mapa

From the publisher's feed

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

More shows like Fóra de Mapa

Todo Concostrina by SER Podcast

Todo Concostrina

170 Listeners

Hoy en EL PAÍS by EL PAÍS

Hoy en EL PAÍS

112 Listeners

Un tema Al día by elDiario.es

Un tema Al día

35 Listeners

Saldremos Mejores by Podium Podcast

Saldremos Mejores

18 Listeners

No es el fin del mundo by El Orden Mundial

No es el fin del mundo

28 Listeners