Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

By Fóra de MapaHistory
Download on the App Store

Fóra de Mapa episodes

  • #26. O romanche. A máis descoñecida das catro linguas oficiais de Suíza
    O romanche é un idioma bastante pequeniño (é falado por un 0,5% da poboación suíza), algo descoñecido e limitado a áreas periféricas. Aínda así, é a cuarta lingua oficial de Suíza xunto co alemán, o francés e o italiano. Neste episodio repasamos a situación da lingua e a historia de Suíza pero centrámonos no Cantón dos Grisons, o cantón máis grande de Suíza e onde o romache é a lingua propia (falada por un 15% dos habitantes do cantón) e tamén oficial canda o alemán e o italiano.
    1 hr 17 min
  • #25. Flandres. Unha nación sen estado pero cunha case completa autonomía
    Flandres é unha nación sen estado, pero que foi capaz de defender durante toda a súa historia a súa autonomía, lingua e identidade. Hoxe Flandres e os flamencos gozan dunha importante autonomía e a lingua flamenca está completamente normalizada en Flandres, pero non sempre foi así. Durante séculos Flandres foi o territorio máis pobre e menos dinámico de Bélxica e a súa lingua vista como un dialecto de labregos. No episodio contámosvos como o pobo flamenco foi capaz tras séculos de loita, negociacións e protestas lograr un nivel envexable de autogoberno.
    1 hr 47 min
  • #24.2. O irlandés (II). Entrevista con Lucía Atencia e Andreas Vogel, residentes no Gaeltacht de Connemara
    Episodio extra, continuación do anterior no que falamos do irlandés. Nesta ocasión falamos con Lucía Atencia, unha galega afincada en Irlanda, profesora de primaria que imparte en irlandés e que ademais foi correctora da versión galega de A boca pobre, o libro de Flann O'Brien. E ademais, como xa bonus track, tivemos a posibilidade de falar coa súa parella, Andreas Vogel, un alemán que fala tamén irlandés e que traballa como técnico de normalización lingüística do irlandés e que como escoitaredes, fala galego moi ben. Os dous residen no Ghaeltacht de Connemara.
    43 min
  • #24. O irlandés. Un idioma con estado propio que resiste a pesar da hexemonía do inglés

    O irlandés é o idioma nacional e oficial na República de Irlanda e está protexido en Irlanda do Norte. A pesar de que é un idioma con estado de seu e de que foi quen de sobrevivir nos últimos séculos, segue en risco de morte. Neste episodio falamos de como o irlandés pasou de ser o idioma principal da illa a ser só falado por pouco máis dun 1% da poboación. Ademais tamén tratamos o impacto negativo das políticas lingüísticas de baixa intensidade en situacións de asimetría entre 2 idiomas e o rol que os neofalantes poden chegar a ter pra salvar a lingua irlandesa.

    1 hr 5 min
  • #24. O irlandés. Un idioma con estado que resiste a pesar da hexemonía do inglés
    O irlandés é o idioma nacional e oficial na República de Irlanda e está protexido en Irlanda do Norte. A pesar de que é un idioma con estado de seu e de que foi quen de sobrevivir nos últimos séculos, segue en risco de morte. Neste episodio falamos de como o irlandés pasou de ser o idioma principal da illa a ser só falado por pouco máis dun 1% da poboación. Ademais tamén tratamos o impacto negativo das políticas lingüísticas de baixa intensidade en situacións de asimetría entre 2 idiomas e o rol que os neofalantes poden chegar a ter pra salvar a lingua irlandesa.
    1 hr 5 min
  • #23. Os bosníacos. Un pobo con estado de seu pero xurdido hai só unhas décadas
    Os bosníacos son unha das tres nacións constitutivas de Bosnia e Hercegovina e o pobo máis numeroso do estado representando case o 50% da cidadanía. Aínda que esta identidade ten séculos de historia, oficialmente só xurde como tal nos anos 70. A nivel lingüístico e, en parte cultural, non se diferencian casi dos seus veciños serbios e croatas pero a súa identidade diferenciada fundamentase nunha serie de tradicións, costumes e experiencias históricas ligadas á súa relixión musulmana.
    1 hr 38 min
  • #22. Schleswig-Holstein. Un territorio europeo de fronteira entre Alemaña e Dinamarca
    Schleswig-Holstein é un territorio de fronteira cunha historia complexa e marcada polas reviravoltas dinásticas. Hoxe este territorio é parte fundamentalmente da República Federal Alemana, aínda que un anaco ficou dentro das fronteiras danesas. E en cadanseu lado desta, viven diversas minorías como a frisia, a alemana e a danesas, minorías que grazas á lexislación aplicada tanto por Dinamarca como por Alemaña aínda sobreviven con certa vitalidade e teñen representatividade a nivel político.
    1 hr 2 min
  • #20. Nagorno Karabakh. Unha terra que enfronta dende hai décadas a armenios e azerís
    Nagorno Karabakh é unha rexión caucásica cunha gran relevancia histórica para o pobo armenio. Este foi o maioritario por séculos mais nel tamén vivían miles de azerís. Os dous pobos levan máis de 100 anos en disputa por esta rexión, mais desde a desaparición da URSS tanto Armenia como Azerbaijan combaten para dominar un territorio pouco máis grande que a comarca de Pontevedra, pero esencial pra comprender o presente destas dúas nacións.
    1 hr 59 min

About Fóra de Mapa

From the publisher's feed

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

More shows like Fóra de Mapa

Todo Concostrina by SER Podcast

Todo Concostrina

170 Listeners

Hoy en EL PAÍS by EL PAÍS

Hoy en EL PAÍS

112 Listeners

Un tema Al día by elDiario.es

Un tema Al día

35 Listeners

Saldremos Mejores by Podium Podcast

Saldremos Mejores

18 Listeners

No es el fin del mundo by El Orden Mundial

No es el fin del mundo

28 Listeners