Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

By Fóra de MapaHistory
Download on the App Store

Fóra de Mapa episodes

  • #Petisco lixeiro. Unha ‘guerra esquecida’ na Europa actual
    En Europa hoxe hai algúns conflitos bélicos activos, outros están conxelados pero hai un que oficialmente aínda enfronta a dous estados do continente: Grecia e Albania. Conforme a lexislación grega aínda está en vigor un estado de guerra co seu veciño setentrional. Isto débese as consecuencias dunha traxedia vivida por unha sub-etnia albanesa: os cham.
    14 min
  • #35. Microestados lonxevos: Couto Mixto, Cospaia, Poljica e Sark
    Ao longo da historia houbo unha chea de microestados en Europa pero a maioría deles duraron ben pouco e xurdiron como consecuencia de guerras ou revolucións. Porén, existen casos de microestados que tiveron unha vida bastante longa, entre eles un que é ben próximo a nós: o Couto Mixto, situado na raia seca.
    1 hr 11 min
  • #34. Chipre. Séculos de convivencia e 49 anos de división
    A illa de Chipre está nun punto estratéxico do Mediterráneo e isto facilitou que nela se asentasen múltiples pobos: armenios, venecianos, británicos... Hoxe, as dúas comunidades principais da illa, grecochipriotas e turcochipriotas, viven divididas desde hai case cinco décadas. Porén, a pesar do conflito sen resolver e o fracaso das negociacións pra reunificar a illa, existen accións e iniciativas pra reconciliar as dúas comunidades e dar solución a un problema xurdido en plena guerra fría.
    1 hr 40 min
  • #33. Baviera. Alén dos estereotipos das salchichas e o oktoberfest
    Baviera é un dos 16 länder da República Federal de Alemaña, ten unha identidade forte e diferenciada, un autogoberno potente e mesmo un movemento independentista con certa relevancia. Estas características baseanse nunha historia na que Baviera tivo un rol moi importante na política de Europa central como actor autónomo.
    1 hr 13 min
  • #32. Gales. Entre a adaptación e o inconformismo
    A identidade de Gales é complexa como a súa historia, chea de loitas por manter a súa autonomía pero tamén de períodos nos que o pobo se adaptou ao dominio foráneo. Hoxe a identidade galesa está ben viva, pero iso non quere dicir que a súa lingua goce da mellor saúde ou que o seu autogoberno sexa sempre respectado por Londres.
    1 hr 22 min
  • #31. Ucraína (III). Desde o final da Segunda Guerra Mundial até a actualidade
    A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta terceira parte falamos dos convulsos últimos 70 anos, nos que a nación ucraína logrou a súa independencia, sufriu anos de crise económica, corrupción, inestabilidade política e inxerencia rusa.
    1 hr 30 min
  • #30. Ucraína (II). Desde comezos do século XIX até o final da Segunda Guerra Mundial
    A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta segunda entrega centrámonos nos tráxicos 200 anos que van desde a conquista rusa de case todo o territorio ucraíno até a IIGM. E, como a pesar da represión, división e guerras, a nación ucraína foi capaz de continuar a loitar pola súa liberdade e independencia.
    1 hr 24 min
  • #29. Ucraína (I). Do Rus de Kíiv ata finais do século XVIII coa conquista rusa e austríaca
    A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta primeira entrega comenzaremos no Rus de Kíiv para chegar ata finais do século XVIII coa conquista rusa e austríaca.
    1 hr 17 min
  • #28. O aragonés. Lingua de montañeses, poetas e reis
    O aragonés é hoxe un idioma en perigo, falado nos vales pirenaicos da comunidade autónoma de Aragón pero conta cunha limitada protección legal. Porén, hai séculos era o idioma de reis e trobadores. Neste idioma fixéronse tratados e cancioneiros pero coa chegada da dinastía Trastámara comezou a esmorecer. Hoxe existen unha chea de iniciativas cidadás para salvagardar o idioma e divulgalo, a pesar do escaso apoio gobernamental.
    1 hr 4 min
  • #27. O Rif. A rexión indómita do Maghreb
    O Rif é unha rexión maghrebi historicamente marxinada. A difícil orografía e posición xeográfica dificultou a comunicación con territorios veciños e máis o seu desenvolvemento. Pero isto tamén facilitou o xurdimento dunha identidade local na que a lingua e cultura amazigh e a historia recente chea de rebelións e protestas xogan un rol fundamental.
    40 min

About Fóra de Mapa

From the publisher's feed

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

More shows like Fóra de Mapa

Todo Concostrina by SER Podcast

Todo Concostrina

170 Listeners

Hoy en EL PAÍS by EL PAÍS

Hoy en EL PAÍS

112 Listeners

Un tema Al día by elDiario.es

Un tema Al día

35 Listeners

Saldremos Mejores by Podium Podcast

Saldremos Mejores

18 Listeners

No es el fin del mundo by El Orden Mundial

No es el fin del mundo

28 Listeners