Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

By Fóra de MapaHistory
Download on the App Store

Fóra de Mapa episodes

  • #Petisco lixeiro. A Vennbahn, fronteiras absurdas no país do surrealismo
    Bélxica é o país do surrealismo e iso tamén se reflexa nas súas fronteiras, por exemplo na Vennbahn, unha liña de tren en Alemaña pero de soberanía belga.
    Esta "curiosidade" xeográfica xurdiu logo da primeira Guerra Mundial, creando varios exclaves alemáns que aínda existen hoxe e que durante décadas estiveron isolados do resto do país.
    A pesar de ser un sarillo fronteirizo e de que a liña de ferrocarril deixou de ser operativa hai décadas a Vennbahn continua a ser territorio belga, aínda que teña soamente un uso turístico.
    11 min
  • #Petisco lixeiro. Os xudeus de Belmonte
    As comunidades xudías da península Ibérica foron aniquiladas despois das expulsións de finais do século XV, varios pogroms e a represión da Inquisición durante décadas pra esmagar calquera práctica cripto-xudaica.
    Porén, no interior de Portugal perviviu unha comunidade hebrea en segredo até hoxe: Os xudeus de Belmonte. Nesta vila da serra da Estrela ducias de familias practicaban a súa fe xudía na clandestinidade, desenvolvendo unhas prácticas propias co fin de gardar o seu gran segredo, seren a última comunidade hebrea practicante na península.
    Os xudeus de Belmonte só foron descubertos a comezos do século XX cando un enxeñeiro vindo de Europa Central, Samuel Schwartz entrou en contacto coa comunidade. Hoxe estes xudeus, e a vila de Belmonte comparten con orgullo esta historia de perseveranza.
    12 min
  • #Petisco lixeiro. Groenlandia e a UE
    A relación de Groenlandia coa Unión Europea é ben especial. Entrou na predecesora desta organización internacional nos 70s contra a súa vontade canda Dinamarca, e nos 80s abandonou as Comunidades Europeas despois dun referéndum.
    A pesar disto, o país acordou con Bruxelas un status que lle permite participar en programas, recibir fondos e ficar dentro do espazo arancelario. Nos últimos anos, á vez que a relevancia de Groenlandia medra canda a dispoñibilidade dos seus recursos, a UE tenta aumentar a súa influencia na illa.
    11 min
  • #41. Groenlandia. Da colonización á posible independencia nun Ártico cada vez máis quente
    Groenlandia está cada vez máis quente, literal e metaforicamente e isto abre unha chea de oportunidades e incógnitas pra poboación local.
    Durante o pasado milenio varios pobos do continente americano e europeo pasaron polo país, tentando adaptarse ás duras condicións do Ártico, mais só un puido sobrevivir e prosperar, o pobo inuit, unha etnia indíxena desas latitudes que a partir do século XVIII e até practicamente onte sufriu a agresión colonizadora do Reino de Dinamarca.
    Hoxe, gañada unha importante autonomía ó longo das últimas décadas, a gran maioría da poboación apoia a independencia da illa.
    41 min
  • #Petisco lixeiro. Os sefardís no Maghreb
    O pobo sefardí ten a súa orixe na península ibérica, de onde fuxiron no final da idade media, e sobre todo a partir do 1492 pra asentarse por todo o Mediterráneo.
    Moitos destes sefardís simplemente cruzaron o estreito onde se asentaron en cidades como Tánxer, Tetuán ou Larache. Durante séculos prosperaron e foron reprimidos, e desenvolveron unha cultura de seu con elementos ibéricos, hebreos e máis magrebís, e mantiveron a lingua, a rama occidental do djudeo-espanyol, o haketía.
    No século XX a gran maioría dos sefardís do Maghreb abandonaron a súa rexión pra migrar a Israel, Estados Unidos, España ou Venezuela. Hoxe, a comunidade esfórzase por conservar o seu patrimonio material e inmaterial, comezando pola súa fala.
    15 min
  • Os sefardís. Sefarad espallada polos cinco continentes
    Os sefardís son os xudeus procedentes da península Ibérica, que a finais do século XV foron desterrados ou obrigados a convertirse ó catolicismo.
    Durante séculos desenvolveron unha cultura de seu, diferente á dos xudeus de Europa oriental e Medio Oriente, misturando elementos hispánicos, hebreos e dos países onde se asentaron e mantiveron até hoxe a lingua djudeo-espanyola.
    Logo de instalarse nos Balkáns, no Maghreb e Medio Oriente prosperaron, sufriron represión e progromos, o holocausto e formaron parte da creación do estado de Israel e moitos hoxe retornan a Sefarad, a terra dos seus devanceiros.
    50 min
  • #40. Os sefardís. Sefarad espallada polos cinco continentes

    Os sefardís son os xudeus procedentes da península Ibérica, que a finais do século XV foron desterrados ou obrigados a convertirse ó catolicismo.


    Durante séculos desenvolveron unha cultura de seu, diferente á dos xudeus de Europa oriental e Medio Oriente, misturando elementos hispánicos, hebreos e dos países onde se asentaron e mantiveron até hoxe a lingua djudeo-espanyola.


    Logo de instalarse nos Balkáns, no Maghreb e Medio Oriente prosperaron, sufriron represión e progromos, o holocausto e formaron parte da creación do estado de Israel e moitos hoxe retornan a Sefarad, a terra dos seus devanceiros.

    50 min
  • #Petisco lixeiro. Os gregos pónticos da URSS
    Os gregos do mar Negro chegaron a territorio controlado por Moscova en diferentes vagas durante os séculos XVIII-XIX e XX debido a migracións económicas e provocadas por conflitos e limpezas étnicas en Anatolia.
    Coa chegada do comunismo a estas latitudes esta Hélade adaptouse a esenovo sistema político, formando unha nación máis da diversa poboación soviética. Durante 70 anos os gregos pónticos da URSS sufriron represión e deportacións, foron asimilándose á maioría rusa á vez que mantiñan en moitos casos unha identidade grega simbólica.
    Trala caída do comunismo moitos destes gregos da URSS voltaron á "nai patria" grega onde tiveron que reinventar a súa identidade.
    22 min
  • #39. Os gregos do Ponto. A Hélade no mar Negro que loita por salvagardar a súa identidade
    Os gregos do Ponto son unha sub-etnia que forma parte da nación grega. Desde hai milenios desenvolveron unha lingua, cultura e identidade de seu que espallaron polas costas do mar Negro, e que aínda se mantén viva en Grecia onde a gran maioría dos gregos do Ponto foron reasentados logo do intercambio de poboación con Turquía no 1923. Aínda así, nos vales e montañas do Ponto existen varios miles de cidadáns turcos que usan a lingua grega póntica, ou romeyka, un idioma que durante milenios evolucionou de maneira diferente ao grego falado no territorio do estado actual.
    41 min
  • #Petisco lixeiro. O Territorio Libre de Trieste
    As relacións entre Iugoslavia e máis Italia non foron especialmente óptimas durante a Guerra Fría. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial os dous estados estiveron a piques de entrar en conflito militar para controlar a rexión de Trieste, un territorio cunha poboación mixta, con ducias de miles de eslovenos e italianos e un porto estratéxico.
    A solución temporal foi crear un estado novo baixo responsabilidade do Consello de Seguridade das Nacións Unidas: o Territorio Libre de Trieste, unha nova entidade independente que permitiu durante 7 anos manter unha tensa paz nese recuncho do Adriático.
    16 min

About Fóra de Mapa

From the publisher's feed

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

More shows like Fóra de Mapa

Todo Concostrina by SER Podcast

Todo Concostrina

170 Listeners

Hoy en EL PAÍS by EL PAÍS

Hoy en EL PAÍS

112 Listeners

Un tema Al día by elDiario.es

Un tema Al día

35 Listeners

Saldremos Mejores by Podium Podcast

Saldremos Mejores

18 Listeners

No es el fin del mundo by El Orden Mundial

No es el fin del mundo

28 Listeners