Decote

Decote

By RISC_OBFUSCATEDTechnology
Download on the App Store

All Decote episodes

  • #152 Un Instagram máis efímero

    Instagram continúa a súa andaina no mundo da copia fidedigna da competencia, nesta ocasión trae o que lle faltaba de Snapchat e todo Periscope de golpe, dous movementos que non parecen asustar a Snapchat que coas súas Spectacles está facendo unha campaña de posta en marcha nunca antes vista.


     


    Enlaces ás novas en podcast.altg.net

    10 min
  • #151 It’s been real, Casey

    Máis de 500 vlogs despois a historia de Casey Neistat chega ao seu fin. Neste decote facemos un brevísimo resumo do que supuxo este ano e medio de vlogs nun sector que avanza a trompicóns e que parece non esixirse todo o que se merece. Casey, botarémoste de menos.


     


    Enlace aos podcast anteriores en podcast.altg.net

    10 min
  • #150 The Grand Tour e Amazon

    Nova venres e nova recopilación de novas, nesta ocasión de novas presentacións, como a dos novos cuadricópteros de DJI e o novo terminal de OnePlus, e de estreas, como a próxima chega de Amazon Prime Video por estes lares e da estrea mundial de The Grand Tour.


     


    Todos os enlaces en podcast.altg.net

    11 min
  • #149 HBO en España

    HBO chega a España como unha nova opción a ter en conta no streaming de series, películas e documentais. Por primeira vez imos ter dous servizos moi competitivos con boa oferta para non ser ilegais, como efactará isto? Quen poderá e quererá pagar os dous servizos?


     


    Todos os enlaces en podcast.altg.net

    8 min
  • #148 Detrás dunha review
    Hoxe vimos en modo reflexión para falar de todas esas cousiñas que pode haber, e hai en moitas ocasións detrás de unha review e das que nunca se fala nas mesmas. Viaxes pagados, agasallos e outros factores que poden influír na visión dun xornalista sobre un produto e que rara vez chegan ao consumidor final.
    10 min
  • #147 Facebook é falso
    Facebook é toda unha potencia como rede social, o que nela se comparte pode chegar, de me gusta en me gusta a medio mundo, pero como lle pasa a todos os superheroes, un gran poder conleva unha gran responsabilidade, e despois das eleccións nos EUA non todo o mundo ten claro que Facebook estea á altura.
    9 min