Un xesto, unha ollada, os trazos dunha persoa ou simplemente a súa voz. Calquera destes pequenos detalles pode espertar en nós unha atracción física, sexual ou emocional provocada polas nosas hormonas que, unha vez en acción, pódennos levar a sentir desexo, amor e cariño. Cada unha das fases da relación entre dúas persoas está asociada cunha parte do cerebro, desde o máis primitivo ata o máis racional, e é resultado do efecto de diferentes substancias químicas. Hoxe, en Desmontando Mitos, falamos da química do amor con Ana Garcia Deibe, catedrática de Química Inorgánica na Universidade de Santiago de Compostela.